Francisco Castro: “Cambiaba toda a miña carreira literaria, toda, sen dubidalo, por unha carreira discográfica”

Entrevista a Francisco Castro en Vigoé:
“(…) – Vigoé (V): Como é un día calquera na vida de Francisco Castro, editor, escritor, articulista, comentarista de televisión, radio…?
– Francisco Castro (FC): É intenso. Un día normal para min se dedica fundamentalmente á editorial, moitas veces tamén a tarde e no sería estraño que a noite. O posto de director xeral de Galaxia implica estar traballando trescentos sesenta e cinco días ao ano, vintecatro horas do día. É así, e aínda que eu intento estar aquí polas mañás, o certo que polas tardes e polas noites xorden cousas que tes que atender. E logo o que intento é buscarlle tempos para a literatura, sobre todo antes de que empece o día, e penso que si eu saco todo adiante é porque teño unha boa axenda. Aproveito moi ben o tempo. Nun aeroporto, entre avións, eu escribo. Mañá, pola tarde, mentres miña filla está en inglés, de oito a nove e media, eu vou estar traballando… Entón, é un día intenso, pero organizado. (…)
– V: Cales son as súas fontes de inspiración?
– FC: A vida. A vida. Continuamente, a vida. Antes estiven cunha persoa falando, que me contou unha historia incrible, e, jo, iso é unha novela, escríbea. Para min, camiñar pola praia, ir no Vitrasa… Eu sempre me sentín desde pequeno como que tiña unha antena parabólica xigantesca na cabeza, e aí vas captando as historias. A gran fonte é a vida.
– V: Cal é o seu método para escribir unha novela? Dun tirón ou pouco a pouco.
– FC: Eu son moi verborreico. Escribo dun tirón. Outra xente escribe a novela na cabeza e logo case non corrixe. Eu con absolutamente verborreico, é dicir, eu teño claro, aproximadamente, o que teño que contar, teño unha certa intuición da trama, un pouco deseñados os personaxes, escribo sen preocuparme de redundancias, contradicións, problemas de racord… Eu teño que contar a historia. Eu empezo de verdade a escribir cando imprimo, collo o boli vermello, e nese momento empezo a facer todo ese exercicio de albanelería fina. Digamos que eu levanto a casa, ten gretas, unha parede me quedou amarela e outra verde, o parqué está levantado por moitas partes…, e agora vamos a facer ben a mansión. Iso para min é, tamén, o momento máis gozoso.
– V: Gústanlle os clásicos?
– FC: Algúns si e outros non. Eu penso que non pasa nada por dicir que hai clásicos absolutamente insoportables, e hai outros que seguen sendo unha delicia. Os clásicos son clásicos porque son vellos. Eu creo moito no que dicía Italo Calvino, que un clásico é un texto que tiña unha mensaxe para a súa época e para as épocas futuras. Entón, a min hai textos clásicos que non me din nada e hai outros que me seguen falando hoxe. E iso é o que me interesa. (…)”