Arquivos da etiqueta: Xabier Maceiras
Razo (Carballo): Ruta Razo-As Torradas, con Xabier Maceiras, o 5 de xullo
“O sábado 5 de xullo, ás 10:00 horas, terá lugar o inicio da Ruta Razo-As Torradas, da man do investigador e divulgador Xabier Maceiras, coa que poderás saber máis sobre a historia do noso litoral nunha ruta guiada desde Razo ata As Torradas, a terceira fase do percorrido pola costa carballesa despois das rutas Furna Furada – A Pedra do Sal e A Pedra do Sal – Razo. As persoas participantes serán recollidas nas Torradas por un autobús que as trasladará ata o punto de saída, en Razo. A ruta xirará en torno ao libro Contos mariños de Carballo, do propio autor.
Dirixido a: calquera idade (menores acompañados)
Límite de prazas: 20
Coordina: Xabier Maceiras
Para máis información: medioambiente@sihaho.com”
Roteiro As telleiras da Laracha, guiado por Xabier Maceiras, o 14 de xuño
Carballo: rutas guiadas por Xan Fraga e Xabier Maceiras, os 6 e 7 de xuño
Xabier Maceiras: “Reunín máis de 600 contos de Arteixo, son un obreiro da historia”
Entrevista de Candela F. Roldán a Xabier Maceiras en La Opinión:
“(…) – La Opinión (LO): Xa van dez anos de Crónicas de Arteixo. Case nada.
– Xabier Maceiras (XM): Así é. E aproveitando este décimo aniversario do blog decidín sacar unha segunda edición dos libros Crónicas de Arteixo I e Crónicas de Arteixo II. Levaban anos esgotados e dixen por que non. Era un bo momento de volver a poñelos a disposición dos lectores.
– LO: E nin unha soa semana sen faltar ás publicacións do blog.
– XM: Dende 2014 nunca. En Arteixo hai 13 parroquias e eu intento tocalas todas. Ao principio incluso facía dúas ou tres publicacións semanais. Eu son como o Rock and Roll, escribo o que me apetece e cando me apetece.
– LO: Cando comezou a escribir este blog, xa tiña en mente que levaría as historias ao papel?
– XM: Nunca o pensei. Eu fago este blog co único cometido de recuperar as historias dos meus veciños, sobre todo as das persoas maiores. Moitos vanse cando non deben, e hai moito que recuperar da súa memoria. Esta aventura nace co obxectivo de afondar no pasado. Eu, xa de pequeno, sempre fun de escoitar as historias de aldea. Medrei escoitando contos, en especial os relacionados co mar, e algúns deron pé aos meus primeiros traballos. (…)”