Desde Cultura Galega:
“Os “Amores prohibidos 2.0”. Unha obra de teatro creada especificamente para Internet, de Xesús Ron, ou Teatro e Adolescencia no LXVIII Festival d’Avignon, de Afonso Becerra de Becerreá son algúns dos contidos do número 80, correspondente ao outono, da Revista Galega de Teatro.”
Arquivos da etiqueta: Xesús Ron
Santiago: recital Picaversos, Lunáticos
O martes 11 de decembro, a partir das 21:00 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Lunáticos, coa participación de Mariña Pérez Rei, Ana Gorria e Xesús Ron. A entrada custa 2 euros.