O  sábado 2 de xullo, na Fachada do Teatro Rosalía de Castro, a Real Academia Galega e a Concellaría de Cultura promoven Unha estrela no ceo de Galicia, acto conmemorativo do 150 aniversario  dos Xogos Florais da Coruña de 1861, co seguinte programa (Xogos Florais 1861-2011 Unha estrela no ceo de Galicia):
sábado 2 de xullo, na Fachada do Teatro Rosalía de Castro, a Real Academia Galega e a Concellaría de Cultura promoven Unha estrela no ceo de Galicia, acto conmemorativo do 150 aniversario  dos Xogos Florais da Coruña de 1861, co seguinte programa (Xogos Florais 1861-2011 Unha estrela no ceo de Galicia):
– 13:00 h. Abre o acto un baile de Nova Galega de Danza.
– 13:05 h. Saúdo e presentación do acto polo secretario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos Agrelo.
– 13:10 h. Lectura dalgúns poemas galegos do Álbum de la Caridad,  publicado un ano despois dos Xogos Florais de 1861. Coa intervención  de: Consuelo Bautista, xornalista de Radio Coruña; Manuel Gallego,  arquitecto; Begoña Varela Bárcena, libreira de Nova Colón; Gonzalo de la  Huerga, conselleiro do Consello Consultivo de Galicia; Marisol López  Facal, médica; Xosé María Barja, reitor da Universidade da Coruña; Luísa  Merelas, actriz; Roberto Pérez Vila, presidente do comité de empresa de  Zara Loxística; Laura Gayoso, sumiller e restauradora; Ánxel Vázquez de  la Cruz, médico; e Charo Soto Arias, vicedirectora do IES Eusebio da  Guarda.
– 13:25 h. A presidenta da Asociación de Compositores de Galicia Margarita Viso Soto interpreta ao piano a muiñeira de Canuto Berea, peza que se escoitou nos Xogos Florais de 1861.
– 13:30 h. Discurso do presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.
– 13:40 h. Desde a Serra de Outes, terra natal do poeta Francisco Añón,  galardoado nestes Xogos Florais, traen unha ofrenda vexetal para os  promotores e organizadores dos Xogos. O secretario da Asociación  cívico-cultural Terra de Outes, Ramón Blanco, fai entrega dun carballo  ao presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte, e dun  loureiro á descendente dos irmáns de la Iglesia, María Rosa Saurín de la  Iglesia.
– 13:45 h. Pecha o acto a Banda Municipal de Outes coa interpretación do Himno galego.
 
							
