Vigo: presentación do número 198 da revista Grial

O xoves 10 de outubro, ás 19:30 horas, na Casa Galega da Cultura de Vigo (Praza da Princesa), preséntase o número 198 da revista Grial. No acto participan Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Xosé Carlos Arias, coordinador do tema central da revista, centrada na crise económica, e Ramón Villares, autor dun dos ensaios publicados neste número.

Quiosco: Grial 198

Desde Cultura Galega:
“A Editorial Galaxia centra na crise económica a última entrega de Grial, que xa está á venda. Josep Ramoneda, Antonio Torrero Mañas, Antón Costas, Xosé Carlos Arias, José Francisco Teixeira e Ramón Villares achegan cadansúa visión sobre este fenómeno nun monográfico coordenado por Xosé Carlos Arias. Henrique Monteagudo, pola súa banda, presenta nesta publicación unha escolma de textos do cancioneiro do século XV En cadea sen prijon, recentemente descuberto. A problemática dos incendios, a relación dos xenes co ambiente son algúns dos contidos que completan o número.”