Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 17 de marzo en Ames Radio (107.2 FM, agora accesible on line neste enderezo). Desta volta falei con Nazaret López sobre A pantasma da casa da Matanza, de Miro Villar e Xosé Cobas (I: 00:37); o poemario Paisaxes de pan, de Ánxela Gracián (I: 4:45); o catálogo de fotos Xosé Neira Vilas. Memoria gráfica (I: 9:24 e II: 0:00) e o libro de viaxes de autor Novos pasos por Bretaña, de Pemón Bouzas (II: 3:20).”
Arquivos da etiqueta: Xosé Neira Vilas. Memoria gráfica
Betanzos: sinatura de libros de Xosé Neira Vilas. Memoria gráfica
O luns 23 de decembro, ás 18:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, Xosé Neira Vilas asinará exemplares da súa obra Memoria gráfica, publicada por Edicións Bolanda.
Santiago: presentación de Xosé Neira Vilas. Memoria gráfica
O mércores 11 de decembro, ás 19:00 horas, no Salón Cimabue do Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela (San Francisco, 3), preséntase o libro Xosé Neira Vilas. Memoria gráfica, publicado por Edicións Bolanda. No acto, xunto ao autor, participan Henrique Monteagudo, Valentín García e Antonio Couto. Rógase confirmen asistencia no número 981 569 155 ou no correo electrónico comunicacion@bolanda.es.