Inma López Silva fala do seu libro Aqueles días en que eramos malas

DesdeInma-López-Silva-685x1024 o Zig-zag da Televisión de Galicia:
Aqueles días en que eramos malas é a última obra de Inma López Silva editada por Galaxia. Este libro narra cinco historias de cinco mulleres que coinciden no mesmo módulo da prisión da Lama, en Pontevedra. As protagonistas son una prostituta e toxicómana rexeitada polos seus, unha moza colombiana, unha monxa cunha condena polo roubo de bebés e a esterilización non consentida, unha funcionaria de prisións e unha escritora bipolar, acusada de intento de homicidio. Pode accederse á entrevista aquí.”

Entrevista a Ramón Nicolás, autor de O espello do mundo

Desde Ramón Nicoláso Zig-zag da Televisión de Galicia:
Zigzag Diario fala con Ramón Nicolás, autor da novela O espello do mundo. O crítico literario e profesor estreouse na novela con esta obra, que, desde a súa publicación o pasado verán, converteuse nun dos libros máis vendidos. “O espello do mundo” conta a historia de Martiño, que recibe o encargo de desentrañar o contido duns documentos históricos que vinculan a abadesa do convento de San Pedro de Ramirás, en Ourense, cun estranxeiro misterioso. Pode accederse á entrevista aquí.”

Carlos López Bernárdez achégase á obra pictórica de Luís Seoane

DesdeCarlos López Bernárdez o Zig-zag da Televisión de Galicia:
Un pintor que sabía o que facía, do vigués Carlos López Bernárdez, publicado pola editorial Laiovento, fai fincapé no cambio de rumbo que supuxo na pintura galega a obra de Luis Seoane. A entrevista pode verse aquí.”

Entrevista a Xosé Monteagudo sobre Todo canto fomos

DesdeXosé Monteagudo o Zig-zag da Televisión de Galicia:
Xosé Monteagudo fala de Todo canto fomos. A súa última novela percorre máis dun século de historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue a alentar o presente. O libro contén historias que dialogan entre si e desenvolve unha trama en que a normalidade é só a aparencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes. A entrevista pode verse aquí.”

“Mercedes Queixas percorre a historia da literatura galega”

Desde Mercedes Queixas 2o Zig-zag da Televisión de Galicia:
De pergamiños, follas voandeiras e libros ao.gal. Este é o título que Mercedes Queixas escolleu para o seu novo ensaio, que subtitula “Breve historia da literatura galega”. Esta obra tenta explicar o proceso literario en relación co tempo no que se produce e recoñecer as voces silenciadas por prexuízos históricos. A entrevista pode verse aquí.”

Entrevistas á gañadora e gañadores dos Premios Xerais 2016

DesdeDavid Pérez Iglesias, Manuel Esteban e Iria Misa o Diario Cultural da Radio Galega:
“David Pérez Iglesias con Todo o tempo do mundo e Iria Misa Peralba con Xa non estou aqui gañan os premios Merlín de Literatura Infantil e Jules Verne de Literatura Xuvenil. A entrevista pode escoitarse aquí.
Manuel Esteban Domínguez gaña o premio Xerais coa novela A ira dos mansos. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.”

Tamén se realizaron entrevistas para o Zig-zag da Televisión de Galicia.