Desde Xerais:
“Radio Líder emitiu unha entrevista de Azucena García González a Fran Alonso sobre a súa novela infantil O brillo dos elefantes. A entrevista pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Outeiro de Rei: Os soños da gaiola, por Títeres Alakrán, o sábado 19 de novembro
Compostela: presentación de Urania, de Chus Pato
Vigo: presentación de Elexías a Lola, de Xohana Torres
O venres 18 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102), en Vigo, preséntase Elexías a Lola, de Xohana Torres, publicado por Engaiolarte. Participan Helena González, Teresa Bermúdez e Xan Carballa.
Crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Eli Ríos, o 29 de outubro
Estas son algunas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria do sábado 29 de outubro, con Eli Ríos. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Iria Misa: “Se algo me gustaría, iso é ser quen de desenvolver un estilo meu”
Compostela: presentación de Sacar a bailar. Poesía reunida (2009-2016), de Rosalía Fernández Rial
A Coruña: presentación do manifesto O fim do Apartheid
A quinta
feira 17 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Sisargas (Rúa San Roque, 7), na Coruña, preséntase o manifesto O fim do Apartheid. No acto participan Xosé Ramón Freixeiro Mato e Eli Ríos, quen falarán sobre os seus motivos para aderiren ao manifesto.
A Coruña: XX Memorial de Teatro Ibán Toxeiro
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda, ao chegar o seu Memorial Ibán Toxeiro á súa XX edición, pretende celebralo dun xeito diferente, aínda que complementario a anteriores ocasións. Sempre, o noso Memorial quixo unir a actrices e actores amadores e profesionais nun mesmo escenario, nunha clara homenaxe a un actor que formou parte activa de ambos mundos. Mais esta vez, é a pretensión dos directores da gala, Xoán Carlos Mejuto e Lino Braxe, realizar unha fusión do oficio actoral, tanto amador como profesional, non presentando obras en compartimentos estanco diferenciados, senón abordando a estrea da obra de Álvaro Cunqueiro Romeo e Xulieta, famosos namorados, peza na que participarán actores e actrices profesionais e amadores sen distinción. O grupo de teatro da ACAB, Teatro Valacar e a coral Breogán da ONCE, xunto con actores como Xosé Bonome, Manuela Varela, Pedro Picos, Sabela Hermida, Xosé Vilarelle e outros profesionais da escena, serán os encargados de levar adiante este desafío. Asemade, Teatro Proscrito realizará un fragmento do Edipo de Manuel María.