Entrevista
en Sermos Galiza:
“A referencia tomouna Xurxo Souto de Luísa Villalta quen, no seu libro O outro lado da música, a poesía, explica a historia da literatura galega en clave musical. Ao seu carón tiña a tres das persoas que máis están a revolucionar o panorama musical dos novos tempos. O Leo, de Leo e Arremecaghoná, María Xosé Silvar de Sés e Miguel Mosqueira das Ataque Escampe, que viña de conmemorar o décimo aniversario do grupo. Coñecidas polos seus traballos e polas actuacións en locais diversos, Xurxo revelou un dato que moi pouca xente sabe: licencíaronse en filoloxía. “A literatura é vida e a música é unha das pontes”, comentou O Leo para iniciar o debate. “Necesitamos fórmulas de afirmación identitaria e se son lúdicas mellor” espetou María para quen as cancións fan que “a xente interiorice contidos que doutra forma non faría”. A corpo aberto Sés teorizou coa mesma forza que canta os seus temas e dixo que “a lingua ten unha dobre condición como idioma e como elemento cultural no que o pobo se reafirma e isto en nacións sen estado como a nosa é moi importante”. Temperou o debate Miguel Mosqueira ao falar de música e literatura como “códigos distintos, quen escribe a letra dunha canción non ten que facer un bo poema”. Tamén a distancia se mide na rima. “Na poesía do século XXI será un un por cento a que ten rima consoante e as cancións que non a teñen serán tamén un un por cento, a poesía ten outra liberdade” afirma o músico das Ataque. Pero aí estaba María Silvar para volver achegar os rexistros e recomendarlle ler á xente que fai letras. “Non hai razón para non facer unha boa letra para unha canción agás a incapacidade. Se queres facer música, pois escoita música e se queres escribir letras, pois le”. Así de claro. (…)”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Ferrol: presentación de Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago
A morta, novo libro de Ana Cibeira
Ana Cibeira
ven de publicar A morta, o seu novo libro de poemas editado por Barbantesa. “Trátase dunha reflexión, esaxerada e hipnótica, sobre a pureza e o valor que lle damos. Un canto baixo a auga. Unha voz que laia na ruptura coa adolescencia ao saberse corpo e ao vivir o amor coma renuncia. Desacougo, metamorfose, descubrimento e reacción. Pero tamén a luz aparece ao nomearse: o xeito é importante, non só o xesto. Así, o eu poético mergúllanos no claroscuro das ondas e debátese entre a terra e outro estado líquido.”
Vídeo de Celso Emilio Ferreiro: unha revisión no centenario do nacemento, por Ramón Nicolás
Vigo: obradoiro de escrita creativa a cargo de Francisco Castro, os 14, 21 e 28 de maio
A
Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza un obradoiro de escrita creativa os luns 14, 21 e 28 de maio, de 19:00 a 21:00 horas, na Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6), impartido por Francisco Castro. O número de prazas é 16, e as inscricións pódense facer chamando ao teléfono 986-810281 de 9:00 a 13:00 horas.
Está dirixido a persoas adultas ás que lles gusta escribir. Neste obradoiro, gratuíto, concebido dende unha perspectiva lúdica e moi participativa, quen acuda terá a oportunidade de plasmar sobre o papel a ampla experiencia que dan os anos e a memoria, e de converter as súas vidas en literatura. Todas as persoas que participen terán a ocasión de, dende o primeiro momento, escribir poemas, relatos, contos… sempre en actividades moi sorprendentes.
Barcelona: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
mércores 9 de maio, ás 20:30 horas, en Sargadelos (Carrer de Provença, 276) de Barcelona, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, intervirá o autor xunto a Ana Escourido.
Vídeos históricos sobre Valentín Paz-Andrade
Ángel de la Cruz, enfeitando personaxes
Entrevista
a Ángel de la Cruz en El País:
“O coruñés Ángel de la Cruz deu os seus primeiros pasos no eido cinematográfico sen imaxinar que un día sería guionista ou director. “Traballaba de enxeñeiro e non me ía mal, pero un día Jesús Vecino encargoume un story-board para a súa produtora. Déronlles a subvención e seguiron contando comigo. Incorporeime como axudante de decoración a Tirano Banderas e decateime que era do que me gustaría vivir”. Como parte do departamento de decoración traballou en varias curtas. De la Cruz aproveitou un momento álxido en Galicia para as propostas de pequeno formato. O realizador subliña que hoxe a situación resulta máis complexa para un cineasta novel: “É moito máis difícil saír adiante”. O seu primeiro traballo detrás das cámaras foi Sitcom show, ao que seguiría Paranoia Dixital. Como guionista asistiu a cursos de Juan Antonio Porto e Jaime Chávarri e leu unha manchea de libros teóricos. “Naquela época saíronme bastantes traballos de vídeo industrial e corporativo. Axudoume a curtirme”. A súa terceira curtametraxe foi Aínda máis difícil, que contén un plano secuencia de dous minutos no que participaban 75 extras vestidos de época. “Foi unha tolería e aí comprendín o estresante que é dirixir. Tiñamos cinco días para rodar e ao terceiro ingresei no hospital por gastroenterite”. Aínda máis difícil logrou oito Mestre Mateo. (…)”
Celanova: conferencia de Alberte Suras sobre Celso Emilio Ferreiro
O
mércores 9 de maio, ás 12:00 horas, no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova, terá lugar unha conferencia de Alberte Suras baixo o título Aquela noite de pedra. A esperanza de Celso Emilio Ferreiro. Para participar será preciso preinscribirse na Biblioteca do Auditorio Municipal ou no teléfono 988-431930.
A Coruña: XI Maratón de Lectura en Galego no Centro Cívico dos Mallos, o martes 15 de maio
O
martes 15 de maio, ás 17:00 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico Municipal Os Mallos (Avenida de Arteixo, 147) da Coruña, terá lugar o XI Maratón de Lectura en Galego, con motivo do Día das Letras Galegas 2012. Pode participar quen o desexar lendo durante un minuto un texto en galego da autora ou autor preferidos ou ben dun texto de creación literaria propia. As inscricións poden realizarse desde o martes 8 de maio, facilitándoselles quenda de lectura no Centro Cívico. Os teléfonos son 981264170 e 981184200, e o correo electrónico ccosmallos@coruna.es.
