O
xoves 2 de maio, ás 19:30 horas na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, terá lugar a presentación do libro de poemas do pintor baionés Caino Vasconcellos, As portas ausentes, publicado polo Instituto de Estudos Miñoranos. No acto intervirán, ademais do autor, o director do IEM, Carlos Méixome, e o mozo poeta Anxo Ratel.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Santiago: presentación de Relatos para noites de hotel
O
mércores 1 de xuño, ás 11:00 horas, no Restaurante Porta Faxeira (Rúa do Franco, 50) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Relatos para noites de hotel, onde se recollen os textos gañadores do I Concurso Internacional de Relatos Pousadas de Compostela, de Inma López Silva e Carmen Simón. Intervirán Inma López Silva, gañadora do Premio Internacional de Relatos Pousadas de Compostela, José Manuel Otero e Anxo Lorenzo.
‘Localizan os textos autógrafos máis antigos de Eduardo Pondal’
Información de Camilo Franco en La Voz de Galicia.
Ourense: bota a andar a XXVII edición da Feira do Libro
Comeza
a XXVII Feira do Libro de Ourense (na Alameda, Rúa do Bispo Cesáreo), que estará aberta entre o martes 31 de maio e o domingo 5 de xuño, con horario de 11:30 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 horas. Como actividade máis destacada deste martes 31 destaca o pregón da Feira a cargo de Xosé Neira Vilas, a partir das 19:30 horas.
Vilaboa, Culleredo: presentación de A palabra exacta, de Antón Lopo
O
mércores 1 de xuño, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Poesía Uxío Novoneyra (Pazo de Vila Melania – Vilaboa, Culleredo), preséntase o libro A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, de Antón Lopo, publicado en Galaxia. No acto interveñen Celestino Poza e o propio autor.
A Nosa Terra: ‘Os máis vendidos das letras galegas’
Santiago: presentación de Despois da medianoite, de Salma
O
mércores 1 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Despois da medianoite, de Salma, publicado en Xerais, traducido por María Reimóndez. No acto participará a autora, a escritora támil Salma, xunto coa tradutora e Manuel Bragado.
Madrid: presentación de Madeira de mulher, de Adela Figueroa
O
mércores 1 de xuño, ás 20:30 h., en Entredós (C/ Marqués Vdo. de Pontejos, 4) de Madrid, preséntase a colectánea de relatos Madeira de mulher, de Adela Figueroa Panisse, publicada en Edicións do Castro. No acto, presentado polas representantes da Fundación Entredós e Fermín Bouza, terá lugar a actuación musical do Duo Musicante, guitarra e música brasileira.
Marilar Aleixandre e Francisco Campos incorpóranse ao consello da revista Grial
(Galaxia)
Roteiro Fiz Vergara Vilariño, o sábado 11 de xuño
O sábado 11 de xuño terá lugar unha nova edición do Roteiro literario-artístico de Fiz Vergara Vilariño, organizada pola A. C. Ergueitos:
“Xuntarémonos na Casa da Cultura de Sárria ás 12:30 horas e comezaremos a viaxe polo roteiro literario-artístico Fiz Vergara Vilariño. Xantaremos en Paredes de Lóuzara ás 14:30 horas. Seguiremos o roteiro pola Xabreira, visitaremos a casa do Fiz, o muiño e a Fonte da Cova e ás 18:00 horas realizaremos un recital poético-musical na Aira de Tesín. Leremos os versos do Fiz aos tesos e continuaremos camiño até a Fervenza de Augadalte e o Pozo de Beltrán.
Gostaríanos contar coa vosa participación nesta festa da poesía, a natureza e arte na que lembramos as visitas que os amigos lle facíamos ao Fiz.”
A reserva de praza para o xantar pódese realizar nos seguintes números: 678601550 e 677429225, ou ben enviando un correo electrónico a este enderezo: ergueitos@gmail.com.
Aquí pódese descargar o convite en .pdf: XI roteiro fiz vergara lóuzara.
Deixamos tamén á disposición de todas e todos esta ligazón ás fotos do Roteiro feitas neste inverno por Maribel Longueira: