Arquivo da categoría: Coloquios
Vigo: XI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: Poesía ou performance?, con Iolanda Zúñiga e Silvia Penas, o 5 de outubro
O
XI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, baixo o título de Teoría dos contrarios. Arredor de camiños diverxentes non necesariamente excluíntes, terá lugar do 26 de setembro ao 19 de outubro no Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, con entrada libre.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, achegan á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras.
O obxectivo xeral é que o alumnado obteña unha unha panorámica subxectiva da situación dos xéneros poético, narrativo e teatral en Galicia na actualidade a través das/os súas/seus creadores/as. Despois de cada mesa redonda hai un coloquio aberto para dar oportunidade ao alumnado de formular as súas preguntas. As mesas serán retransmitidas en directo no servidor de streaming da Universidade de Vigo.
Mércores 5 de outubro | 10:00
Poesía ou performance?
Iolanda Zúñiga e Silvia Penas.
Dos límites difusos entre a poesía e a performance.
Nexos convida a… Nélida Piñón
Nexos convida…
volve neste 2016 para conversar con figuras de recoñecido prestixio das letras, as artes e o pensamento. O martes 4 de outubro, a partir das 18:30 horas, na Cidade da Cultura de Compostela, terá lugar un diálogo íntimo e directo con Nélida Piñón, Premio Príncipe de Asturias 2005. Da man da profesora de Literatura Galega, Dolores Vilavedra, Nélida Piñón fará na Sala Eisenman un repaso pola súa traxectoria literaria e vital. A entrada é de balde previa inscrición aquí.
Compostela: “Samuel Pimenta em conversa com Iolanda Aldrei”
Vigo: charla-coloquio Aqueles heroes do franquismo. Periodismo, literatura e misterio no Vigo do 72, con Francisco Castro
O Pindo: V Simposium A memoria dos fuxidos, con Darío Xohán Cabana, Antón Dobao e Luís Lamela
Compostela: Escrita(s)-Almáciga(s) 2016. A ficción/afección da historia. Real, copia e simulacro. Doutro xeito: pedra, papel, tesoira
Ourense: actividades destacadas do 82 Congreso PEN Erguendo pontes literarias da quinta feira 29
Dentro
do programa do 82 Congreso do PEN Clube, Erguendo pontes literarias, terá lugar en Ourense as seguintes actividades destacadas a quinta feira 29, dentro do seu programa: Programa-Congreso-PEN-2016.
– 18:00 h. Centro Cultural Marcos Valcárcel – Auditorio (Rúa do Progreso, 30). Escritores, editores e axentes literarios na periferia. (Fina Casalderrey, Mariasun Landa, Víctor F. Freixanes e Cristóbal Pera). Presenta: Manuel Guede.
– 19:00 h. Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5). Lusofonía no PEN (Dina Salústio, Mia Couto e João Paulo Borges Coelho). Presenta Teresa Cadete. Serán Caboverdiano, espectáculo, Batuko Tabanka.
Vigo: XI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: Literatura e/ou mercado, con Susana Sánchez Arins e Xesús Constela, o 26 de setembro
O
XI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, baixo o título de Teoría dos contrarios. Arredor de camiños diverxentes non necesariamente excluíntes, terá lugar do 26 de setembro ao 19 de outubro no Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, con entrada libre.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, achegan á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras.
O obxectivo xeral é que o alumnado obteña unha unha panorámica subxectiva da situación dos xéneros poético, narrativo e teatral en Galicia na actualidade a través das/os súas/seus creadores/as. Despois de cada mesa redonda hai un coloquio aberto para dar oportunidade ao alumnado de formular as súas preguntas. As mesas serán retransmitidas en directo no servidor de streaming da Universidade de Vigo.
Segunda feira/luns, 26 de setembro | 12:00
Literatura e/ou mercado?
Susana Sánchez Arins e Xesús Constela.
Reflexión sobre o concepto de gran público no sistema literario galego.







