Arquivos da etiqueta: Universidade de Santiago de Compostela
Compostela: presentación da Cátedra Otero Pedrayo e concesión da Insignia de Ouro a Manuel Lourenzo
Desde a Universidade de Santiago de Compostela:
“A Cátedra institucional Otero Pedrayo inicia o mércores 14 a súa andaina co acto de imposición da Insignia de Ouro da Universidade de Santiago ao actor e dramaturgo galego Manuel María Lourenzo Pérez.
Será o reitor Antonio López quen presida este acto ás 12.30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), que estará acompañado da directora da cátedra, Dolores Vilavedra, e do co director, Francisco Durán.
A Cátedra traballará para manter, arrequentar e espallar o coñecemento do legado artístico e intelectual de Ramón Otero Pedrayo, en tanto figura sobranceira da Galicia do século XX. As súas actividades procurarán expandirse nos ámbitos galego, estatal e internacional impulsando a colaboración tanto con institucións e entidades públicas, o Institut Ramon Llull ou o Instituto Cervantes, por exemplo, como emanadas da sociedade civil, tal como diversas fundacións ou casas-museo na traxectoria, o pensamento e a obra do autor, así coma co estudo da tradición galeguista e da memoria da Xeración Nós e das súas principais figuras. “
Noia: coloquio aberto con Montse Fajardo arredor da súa obra Caídas
Compostela: Xornada “Fronte á dor das outras. Os nesgos de xénero na enfermidade”, o 30 de abril
Lugo: Curso de Primavera “A voltas coa tradición”, os 24 e 26 de abril
Bases do XXIX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
Compostela: presentación e Realidades e horizontes da educación en Galicia
Compostela: clube de lectura arredor de Contos gringos, con Lara Dopazo Ruibal
Compostela: proxección e debate “O Mestre que prometeu o mar e as alumnas que soñaron”
Noia: Literatura e medios de comunicación na Galicia de hoxe, o 3 de agosto
Literatura e medios de comunicación
na Galicia de hoxe
(Noia, 3 de agosto de 2024)
PROGRAMA
10:00h-10:30h Inauguración.
Participan: Santiago Freire (alcalde de Noia), Agustín Dosil (Director do Campus do Emprendemento e do Saber de Noia), Armando Requeixo (coordinador da xornada Literatura e medios de comunicación na Galicia de hoxe).
10:30h-11:30h Relatorios:
10:30h-10:50h Noelia Gómez: Xornalismo dixital e escrita
10:50h-11:10h Lois Alcayde Dans: A literatura nas revistas culturais e nos xornais
11:10h-11:30h Marta Neira: A recepción literaria nos medios de comunicación
11:30h-12:00h Café.
12:00h-13:00 Mesa redonda:
Participantes: Noelia Gómez, Lois Alcayde Dans, Marta Neira.
13:00h-13:15h Clausura
Santiago Freire (alcalde de Noia), Valentín García Gómez (Secretario Xeral da Lingua, Xunta de Galicia), Agustín Dosil (Director do Campus do Emprendemento e do Saber de Noia).