O
venres 10 de abril, ás 19:00 horas, na Biblioteca pública de Santa Cruz de Tenerife (C/ Comodoro Rolín, 1), terá lugar o faladoiro A voz das mulleres en ciencia, con José Antonio Bustelo, director da Escola de Literatura Científica Creativa de Tenerife, dentro do Ciclo de conferencias Científicas, escritoras, lectoras. Nas fronteiras da ciencia e a literatura, como parte do certame literario Inspiraciencia, que contan coa colaboración da AELG.
Arquivo da categoría: Coloquios
Programa da visita da poeta támil Thamizhachi, Re-activa Galicia!
A poeta e activista india Thamizhachi está en Galiza no marco do program REACTIV_ARTE da ONGD Implicadas. Ademais de ser unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, tamén é unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres. Podedes atopar máis información sobre a autora tanto na súa web, como na páxina web de Implicadas.
Coñecida no mundo literario como Thamizhachi Thangapandian, ten colaborado con Implicadas nos programas de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu, e a súa visita a Galicia rematará o día 13 de abril cun encontro ás 19.30 na biblioteca do Ágora (A Coruña) no que a AELG colabora.
Este é o programa de actividades nas que participou e participará a escritora:
-
8 de abril ás 19:00 h. na Biblioteca Pública Central de Vigo: Encontro en colaboración co Centro de Documentación e Recursos Feministas do Concello de Vigo.
-
9 de abril ás 20:00 h. na Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7 Santiago): Encontro en colaboración coa plataforma A Sega. “A lingua e a literatura como ferramenta de empoderamento feminista”.
-
11 de abril de 16:00 a 20:00 horas, no local de Implicadas no Desenvolvemento (R/ Barcelona, 86. Vigo): Obradoiro de escrita con autoras organizado por Implicadas e Apiario.
-
12 de abril ás 20:30 h. no restaurante Da India (Rúa Puerto Rico, 2. A Coruña): Cea (aberta ao público xeral) con Thamizhachi e coas voluntarias de Implicadas.
-
13 de abril ás 10:45 h. no Teatro As Torres de Santa Cruz de Oleiros: Charla en colaboración coas Bibliotecas de Oleiros para estudantes de secundaria.
-
13 de abril ás 19:30 h. na Biblioteca do Centro Ágora (A Coruña): Encontro en colaboración coa AELG.
Carballo: actividades de abril e maio na Biblioteca Rego da Balsa
Bos Aires: charla sobre O soño galego de Julio Cortázar, por Francisco X. Fernández Naval
O
sábado 4 de abril, ás 17:00 horas, na Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina (Rúa Chacabuco, 955, 1º andar) de Bos Aires, Francisco X. Fernández Naval ofrece a charla, acompañada de imaxes, moitas delas inéditas, sobre O soño galego de Julio Cortázar. Esta actividade será complementaria ao XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos.
Lugo: presentación de O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira
O
venres 27 de marzo, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8), dentro dos actos organizados no Festival da Biosfera, Anselmo López Carreira falará do seu libro O Miño. Un caudal de historia, publicado en Xerais.
Pontevedra: faladoiro Isabel Zendala: cando a literatura rescata a ciencia, con María Solar
O
venres 27 de marzo, ás 18:00 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar o faladoiro Isabel Zendala: cando a literatura rescata a ciencia, coa participación de María Solar, dentro do Ciclo de conferencias Científicas, escritoras, lectoras. Nas fronteiras da ciencia e a literatura, como parte do certame literario Inspiraciencia, que conta coa colaboración da AELG.
A historia está repleta de científicos esquecidos e de grandes xestas da ciencia cubertas pola capa da invisibilidade que tantos escritores soñaron para os seus personaxes de ficción. Os problemas da divulgación científica e a fenda entre ciencias e letras colaboran nese esquecemento. Mais, a literatura pode xurdir como un elemento rescatador da ciencia e dos científicos. Desde a Literatura infantil e xuvenil á de adultos. Asi sucede coa esquecida Isabel Zendala, a coruñesa reitora da casa de expósitos que en 1803 acompañou ao doutor Balmis na Real Expedición Filantrópica da varíola que axudou a que hoxe sexa a única enfermidade erradicada do mundo grazas a unha vacina.
A Coruña: actividades destacadas do xoves 26 de marzo en CoruñaMayúscula
O
xoves
26 de marzo, no Centro Ágora da Coruña, terán lugar estes actos destacados dentro do festival CoruñaMayúscula:
– 18:00-20:00 h. Aula 7. Obradoiro de poesía a cargo de Miguel Anxo Fernán-Vello.
– 20:30 h. Encontro con Toni Hill, presentado por Armando Requeixo.
Pontevedra: coloquio sobre A literatura infantil e os temas feos, con Clara do Roxo e Francisco Castro
O
domingo 22 de marzo, ás 19:30 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Pazo da Cultura), terá lugar un coloquio arredor de A literatura infantil e os temas feos, onde dous creadores conversarán sobre o emprego de asuntos tradicionalmente afastados da LIX nas súas obras. Cancro, con libros como A mamá que perdeu as cóxegas, de Clara do Roxo, ou Chamádeme Simbad, onde Francisco Castro se achega á enfermidade do Alzhéimer, constitúen un bo exemplo de como eses temas “feos” son abordados, cada día con máis naturalidade, polos nosos escritores e escritoras.
A Coruña, Teixeiro, Curtis, Oleiros: visitas de Pedro Feijoo a varios centros educativos
O
escritor Pedro Feijoo, autor das novelas Os fillos do mar e A memoria da choiva, visitará varios centros educativos. Esta é a axenda de actos:
– Mércores, 18 de marzo:
10:30-12:00 h. Centro de Educación para Adultos do Cárcere de Teixeiro (Curtis). Encontro co alumnado do club de lectura do centro.
13:15-14:15 h. IES David Buján de Cambre. Encontro co alumnado dos clubs de lectura.
16:15-18:00 h. IES Fernando Wirtz da Coruña. Encontro co alumnado de 1º de Bacharelato.
– Xoves, 19 de marzo:
10:00-12:00 h. IES Monte das Moas de Coruña. Encontro co alumnado do centro e dos clubs de lectura do IES Ramón Menéndez Pidal e IES Agra do Orzán.
12:30-14:10 h. IES Miraflores (Oleiros, A Coruña) Encontro co alumnado de 1º de Bacherelato.

