O
luns 6 de febreiro, ás 18:30 horas, no IES de Valadares de Vigo, o escritor Francisco Castro falará sobre a súa novela In vino veritas co alumnado do centro educativo.
Arquivo da categoría: Coloquios
Santiago: Conversa com Ondjaki
A Coruña: tertulia Isaac Díaz Pardo, in memoriam, con Xosé Ramón Barreiro
O
xoves 2 de febreiro, ás 18:00 horas, na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán (Rúa Tabernas, 11) da Coruña, proseguen as tertulias mensuais Os Xoves da Rúa Tabernas, cunha nova edición baixo o lema Isaac Díaz Pardo, in memoriam, onde participará Xosé Ramón Barreiro, académico numerario da Real Academia Galega e presidente da mesma entre os anos 2001 e 2009.
Pontevedra: coloquio sobre O sabre do francés, de Miguel Anxo Fernández
O
xoves 26 de xaneiro, ás 16:00 horas, no colexio SEK de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández visita os alumnos para falar sobre a súa novela O sabre do francés, publicada en Galaxia.
Piñor: coloquio sobre Lume de cobiza co seu autor, Miguel Anxo Fernández
O
martes 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Bar Ojea de Piñor, Miguel Anxo Fernández visita o clube de lectura Libros Abertos para falar sobre a súa novela Lume de cobiza, publicada en Galaxia.
O Carballiño: coloquio sobre O sabre do francés, de Miguel Anxo Fernández
O
luns 23 de xaneiro, ás 18:00 horas, no IES nº 1 do Carballiño, Miguel Anxo Fernández visita o Clube de lectura do IES nº 1 do Carballiño para falar da súa novela O sabre do francés, publicada en Galaxia.
Pontevedra: coloquio de Miguel Anxo Fernández arredor da súa obra Lume de cobiza
O
venres 20 de xaneiro, ás 10:00 horas, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, terá lugar un encontro de Miguel Anxo Fernández cos alumnos de Comunicación Audiovisual de Pontevedra, para falar sobre a súa novela Lume de cobiza, publicada en Galaxia.
Gondomar: Miguel Anxo Fernández participa no Club de lectura Sete vidas
O
martes 10 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, terá lugar a primeira cita do ano do club de lectura Sete Vidas, organizado por Espazo Lectura, que xirará arredor da novela Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández, quen estará presente para dialogar cos asistentes.
Vídeo da conversa de Manuel Rivas José Luis Cuerda co xornalista Manuel Jabois, no Culturgal 2011
“O escritor Manuel Rivas e o cineasta José Luis Cuerda falan co xornalista pontevedrés Manuel Jabois dos camiños de ida e volta que unen a literatura e o cine, a partir das súas experiencias con A lingua das bolboretas e Todo é silencio, a última novela de Rivas que Cuerda está rodando en Galicia. Rivas falará tamén da antoloxía de relatos O máis estraño, que ven de presentar con Xerais.” No Culturgal 2011. Vía Redelibros.
Santiago: charla-coloquio sobre O mundo secreto de Basilius Hoffman
O
sábado 17 de decembro, ás 18:30 horas, na Libraría Aenea (Rúa Irmáns Rei Alvite, 5) de Santiago de Compostela, Fernando M. Cimadevila e Iván Valladares, autores de O mundo secreto de Basilius Hoffman, publicado en Urco Editora, manterán unha charla coloquio onde analizarán o proceso creativo da novela, xunto as ilustracións orixinais que estarán en exclusiva para o evento. Firmaranse exemplares e descubrirán o que depara o proxecto nun futuro.
