Dentro das actividades para o xoves 9 de setembro no 32º Congreso do IBBY que se celebra No Pazo de Congresos de Santiago, esta é a participación de autoras galegas:
– 14:00 – 15:30. Sala Obradoiro: Panel de Centros de Promoción e Investigación da lectura. Presenta: Elisa Yuste Tuero (España), coordina Pedro C. Cerrillo (España). Participan: Carmen Barvo (Colombia), José António Gomes (Portugal), Gemma Lluch (España), Michèle Petit (Francia) e Blanca-Ana Roig.
– 16:00 – 17:30. Dentro das sesións de comunicacións na Sala 12 (tema: Xénero e opción sexual): A educación das nenas, os estudos feministas e a literatura infantil no Estado español: algunhas claves da súa vinculación en publicacións periódicas, por Montserrat Pena Presas.
– A partir das 18:00 horas procederase á entrega dos Diplomas da Lista de Honra do IBBY, nos que este ano son galardoados Agustín Fernández Paz, como autor, por O único que queda é o amor, e Ignacio Chao, como tradutor de A noite d’O Risón.
Arquivo da categoría: Congresos
Santiago: A forza das minorías, 32ª edición do Congreso do IBBY
No Pazo de Congresos de Santiago celébrase entre o mércores 8 e o domingo 12 de setembro a 32ª edición do Congreso IBBY (International Board on Books for Young People), que reunirá a centos de expertos en literatura infantil e xuvenil para abordar a importancia das minorías nun mundo globalizado. O evento, organizado pola Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), sección española da IBBY, desenvolverase baixo o lema A forza das minorías e incluirá conferencias e mesas redondas que analizarán o impacto das minorías, xa sexan étnicas, lingüísticas, relixiosas ou de xénero, na vida dos nenos e nenas. Ademáis das ponencias e das mesas redondas, ao longo dos días do congreso realizarse en Santiago unha serie de actividades paralelas entre as que destaca a entrega dos Premios Hans Christian Andersen 2010, considerados como os máis prestixiosos galardóns da literatura infantil e xuvenil a nivel mundial, ao escritor británico David Almond e a ilustradora alemá Jutta Bauer.
Nas ponencias participarán especialistas de todo o mundo como Heidi Cortner Boiesen (Noruega), Emilia Ferreiro (Arxentina/México), Olayinka Koso-Thomas (Nixeria/Serra Leona), Lygia Bojunga (Brasil) e Carole Bloch (Sudáfrica). Galicia estará representada por Víctor F. Freixanes, Fina Casalderrey, Manuel Rivas, Miguelanxo Prado, María Reimóndez, Blanca Roig ou Marcos S. Calveiro. O programa completo pódese descarregar aquí.
Ourense: III Jornadas de História da Galiza
«De 15 a 24 de abril decorrerám na cidade de ourense as III Jornadas de História da Galiza. O prazo de inscriçom começou no passado dia 3 e encerrá a dia 14. O preço é de 30 euros para o público geral, e 15 € para desempregados/as, sócias/os da AGAL e das outras entidades organizadoras.
O evento está orgnanizado pola Associaçom Galega da Língua, A Esmorga, a Associação Sócio-Pedagógica Galaico-Portuguesa e o Instituto Galego de Estudos Celtas com a colaboraçom do departamento de Cultura da Câmara de Ourense e da Universidade de Vigo.
As Jornadas som computáveis por 19 horas com um diploma da Universidade de Vigo, válido para todo tipo de concursos -excepto sexénios-, e será entregue na última palestra. Ainda, na seqüência do evento haverá actividades lúdicas até 8 de maio.» (Portal Galego da Língua)
A Pobra de Trives: IV Congreso Manuel Luís Acuña

Descargar programa (Documento Word, 44 KB).
IX Congreso Internacional de Estudos Galegos
Do 13 ao 17 de xullo desenvolverase en Santiago, Vigo e A Coruña o IX Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, coa colaboración das tres universidades galegas e o Consello da Cultura Galega. Conta con apoios da Xunta de Galicia (Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, da Consellería de Cultura e Turismo, e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Educación, así como das Concellerías de Cultura da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. A Asociación de Escritores en Lingua Galega participa cun panel de conferencias da Sección de Crítica Galega, coordinado por M. Xesús Nogueira, coa participación de Xosé Manuel Eyré, Ramón Nicolás e Olivia Rodríguez, o luns, 13 de xullo, na aula 1 da facultade de Filosofía da USC, ás 16:00 h. Poden descargar o programa de actividades en PDF nesta ligazón.
A Coruña: comeza o Congreso Jenaro Marinhas del Valle
A Associaçom Galega da Língua organiza entre os dias 26 e 28 de Fevereiro o Congresso Jenaro Marinhas del Valhe, com o objectivo de aprofundar no estudo desta destacada figura, que sempre afirmou o carácter universal e lusófono da língua da Galiza, além da tradiçom galeguista a que pertence. O congresso em homenagem a Jenaro Marinhas del Valle, membro de honra da entidade reintegracionista, realizará-se na Corunha, cidade onde por direito corresponde, nos locais do Centro Social Caixanova. O congesso está em processo de reconhecimento com um crédito de livre configuraçom por parte da Universidade da Corunha [Ler nova completa]