
Arquivo da categoría: Premios poesía: convocatorias
Bases do 29º Concurso de Poesía Concello de Carral
Bases do I Certame Literario de relatos e versos Re-versos de Santa Comba
Bases da 23 Edición do Premio Miguel González Garcés de poesía en 2026
Bases do XXX Certame Francisco Añón de Poesía
Bases do Concurso de poesía convocado pola A. C. O Facho
Bases do VI Certame de poesía Respira!
Versos desde Begoña – Concurso de poesía escurecida
Desde o IES San Clemente:
“1 Obxecto e finalidade
O Día das Letras Galegas de 2026 dedícase a Begoña Caamaño, autora que renovou a narrativa galega cunha voz singular e comprometida. Para esta celebración nacional, o IES San Clemente propón un concurso creativo que nos permita redescubrir, doutro xeito, a beleza das súas palabras. Nesta ocasión, queremos que nazan versos desde a súa narración, a través da técnica da poesía escurecida (blackout poetry).
Convidamos a escoller unha páxina das obras Circe ou o pracer do azul ou Morgana en Esmelle e aplicar nela esta técnica: resaltar as palabras que desexes conservar e escurecer as demais, creando así un novo texto poético a partir do orixinal. Como no seguinte:
Esta iniciativa parte do Departamento de Lingua Galega e Literatura e do EDLG do IES San Clemente, dentro do proxecto anual “O galego fainos fortes”, e mantén a continuidade coa longa tradición de premios de creación literaria realizados desde este centro no corazón de Compostela.
2 Categorías de participación
A Estudantes de secundaria de calquera lugar do mundo.
B Persoas de calquera idade de calquera lugar do mundo.
C Estudantes do IES San Clemente, en calquera das súas modalidades.
3 Formato da obra
Cada creación poética debe basearse nunha páxina dunha obra de Begoña Caamaño.
As obras entregaranse obrigatoriamente en formato dixital, resaltando as palabras ou frases seleccionadas e escurecendo o resto.
As creacións deben ser orixinas e inéditas. Cada participante poderá presentar unha única obra.
Valoraranse a creatividade, a estética e a coherencia da obra que se entregue.
4 Prazo de entrega
As obras presentaranse até o 29 de xaneiro de 2026.
Enviaranse por correo electrónico a: edlg@iessanclemente.net, con indicación do nome da autora e do autor, da categoría en que participa e, no caso de que sexa estudante, cal é o seu curso e centro de ensino. Ademais, tamén deberán indicar a que obra de Begoña Caamaño pertence a páxina seleccionada para a súa creación.
5 Premios
Entregaranse dous premios por cada categoría de participación:
1º Premio: Vale de 100 euros para compra de libros en galego.
2º Premio: Vale de 75 euros para compra de libros en galego.
Ademais das obras galardoadas, poderán seleccionarse outras para a súa difusión a través das redes sociais e outras publicacións do IES San Clemente.
6 Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación destas bases e o recoñecemento do fallo do xurado.”







































