Certame galego de Creadores Novos, Xuventude Crea 2016

“Axuventude-crea-2016 Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña.
Se queres participar, aquí podes revisar as bases do certame. Corrección de erros publicada no DOG do 25 de abril de 2016.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 30 de xuño de 2016.
A quen vai dirixido?

Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2016.
Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.

Máis información:
981 541 689 / 981 545 702
roteiros.ctb@xunta.es”

III Certame de poesía da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

“Con motivo da celebración do Día Internacional da Poesía (21 de marzo), a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, convoca o III Certame de Poesía no cal poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos.
Condicións de presentación das obras
O certame consta de dúas seccións:
· Poesía en galego.
· Poesía en castelán.
Cada participante só poderá presentar unha única composición poética optando por unha das dúas seccións: en galego ou en castelán. Quedará descualificado quen presente composicións poéticas en ambas as dúas seccións.
A extensión máxima admitida da composición poética será dun (1) folio escrito a ordenador por unha cara con fonte Arial de tamaño 11 e interliñado de 1’5. Poderá empregarse calquera forma poética (haiku, soneto, verso libre…).
As participacións deberán entregarse no Mostrador de préstamos e devolucións da entrada (planta baixa da Biblioteca).
Os poemas presentaranse sen asinar, cun pseudónimo, e introduciranse nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir os seguintes datos:
· III Certame de Poesía na Biblioteca Pública da Coruña.
· Sección elixida (galego / castelán).
· Pseudónimo do autor/a.
No interior do envoltorio incluirase esta información:
· Folla da composición poética.
· Un sobre pechado cunha folla na que aparezan estes datos persoais do autor/a: pseudónimo, nome e apelidos, teléfono/s, correo electrónico, DNI.
Prazo de presentación: do 10 de febreiro ao 21 de marzo de 2016.
Haberá dous premios aos mellores poemas en lingua galega e outros dos para os escritos en castelán.
Fallo do premio e entrega aos agraciados de lotes de libros e/ou outros documentos o venres, día 22 de abril (ao día seguinte celébrase o Día do Libro) nun acto que se anunciará previamente, e que terá lugar no salón de actos, ás 13 horas.”