Arquivo da categoría: Premios poesía: convocatorias
4º Premio Meiga Moira 2010
Baía Edicións convoca o 4º premio Meiga Moira de creación literaria infantil-xuvenil, que se rexe polas seguintes bases (PDF). O premio, que poderá quedar deserto, considerará un único galardón, ao que se lle asigna unha dotación económica de 2.500 euros. A obra será publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira. O prazo de recepción de orixinais remata o 17 de Maio e a súa resolución darase a coñecer o 1 de outubro de 2010.
Mais información aquí: 981 174 296; comercialarrobabaiaedicions.net
VII Certame Literario Concello de Ames
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames publica as bases do VII Certame Literario Concello de Ames. O prazo de entrega dos traballos remata o 17 de abril.
Contacto: normalizacion@concellodeames.org; 981 884 991
Dúas semanas para presentar obras aos premios da Deputación da Coruña
Lembrámosvos que o vindeiro 15 de abril remata o prazo para presentar textos orixinais a varios dos premios literarios da Deputación da Coruña: o Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, o Manuel Murguía de ensaio e o Miguel González Garcés de poesía. O prazo para o premio Torrente Ballester de narrativa está aberto até o 1 de xullo.
XV Premio de Poesía Miguel González Garcés
Dando continuidade ao que xa e unha tradición na convocatoria poética en lingua galega, e recollendo tamén o exemplo deste significativo escritor coruñés, a Deputación da Coruña convoca o XV Premio de poesía “Miguel González Garcés”, dotado con 6.500 €. O prazo de admisión de orixinais remata o día 15 de abril de 2010. Bases (PDF, 46 KB)
XIV Certame de Poesía Francisco Añón
Bases XIV Certame de Poesía Francisco Añón:
PRIMEIRA: Poderán participar tódalas persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en Lingua Galega. Os textos presentados deberán ser inéditos.
SEGUNDA: Establécense as seguintes categorías e premios, por idade que se contabilizarán ata o trece de abril, data de remate de entrega dos traballos:
Categoría A: Nenos/as de 6 a 7 anos.
Premios: 1º Clasificado: vale de 90 € en libros e publicación da obra. Accésit: Publicación da obra galardoada.
Categoría B: Nenos/as de 8 a 9 anos.
Premios: 1º Clasificado: vale de 120 € en libros e publicación da obra galardoada. Accésit: Publicación da obra galardoada.
Categoría C: Nenos/as de 10 a 11 anos.
Premios: 1º Clasificado: vale de 150 € en libros e publicación da obra galardoada. Accésit: Publicación da obra galardoada
Categoría D: Nenos/as de 12 a 14 anos.
Premios: 1º Clasificado: vale de 180 € en libros e publicación da obra galardoada. Accésit: Publicación da obra galardoada.
Categoría E: Mozos e mozas de 15 a 17 anos.
Premios: 1º Clasificado: vale de 230 € a trocar en libros e publicación do poemario. Accésit: Publicación da obra galardoada.
Categoría E: Maiores de 18 anos.
Premios: 1º Clasificado: cheque por valor de 1000 €, e publicación da obra. Accésit: Publicación da obra seleccionada.
TERCEIRA: Para as categorías E e F, as obras terán unha extensión mínima de 150 versos.
CUARTA: Os traballos presentaranse en sobre pechado, orixinal e cinco copias, figurando no seu exterior a mención “XIV Certame Francisco Añón de Poesía”. No seu interior achegarase un sobre pequeno, tamén pechado, figurando no exterior o título da obra, a categoría na que participa e o lema ou pseudónimo do autor; e no interior os datos persoais (nome, idade, enderezo, teléfono de contacto, centro de estudos, titulo da obra e lema ou pseudónimo) e fotocopia do D.N.I. Estes traballos recolleranse nas oficinas do 1º andar da Casa da Cultura. Avda. de San Campio, 1, 15.230-Outes (A Coruña). Tamén poden enviarse por correo ao devandito enderezo.
QUINTA: O prazo de presentación rematará o luns 13 de abril de 2010.
SEXTA: O xurado, que se dará a coñecer oportunamente, será nomeado polo Excmo. Concello de Outes.O día 17 de maio de 2010, dentro dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, darase a coñecer a decisión do xurado nun acto público no que, ademais de facer a entrega ás persoas premiadas, celebrarase a presentación do libro “XIII Certame Francisco Añón de poesía, 2009″.
SÉTIMA: Aqueles orixinais non premiados serán devoltos no prazo de tres meses, previa solicitude por escrito. Transcorrido o dito prazo, os poemarios serán destruídos.
OITAVA: A decisión do xurado será inapelable. A participación no presente certame implica a aceptación das anteriores bases.
Últimos días para presentarse aos premios Fiz Vergara Vilariño e Pura e Dora Vázquez
Lembrámosvos que nas próximas semanas remata o prazo de presentación de orixinais para o X Premio 2009 de Poesía Fiz Vergara Vilariño organizado pola asociación Ergueitos (31 de xaneiro de 2010) e o VII Certame Xornalístico Pura e Dora Vázquez convocado polo Concello de Arteixo (1 de febreiro de 2010).
XIII Premio de Poesía “Concello de Carral”
A Concellería de Cultura ven de presentar as bases da décimo terceira edición do premio poético “Concello de Carral”. A nova edición deste certame contempla un prazo para presentar exemplares aberto ata o 31 de marzo. Poderán presentar obras os autores e autoras maiores de idade, con poemarios de máis de 400 versos escritos en lingua galega.
Para esta nova convocatoria, o Concello de Carral destina 2.000 euros de premio. O premio entregarase no mes de maio, dentro dos actos das Letras Galegas en Carral, no que ademais se prevé a presentación do libro gañador da décima primeira edición do concurso, titulado “Nós escoitando o badalo de Marienplatz”, do que é autora Eli Ríos, e que será publicado por Espiral Maior.
Para ampliar información, os interesados poden dirixirse á Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981 672580, ou a través da web.
Bases: PDF, 484 KB
4º Premio de Literatura Infantil-Xuvenil Meiga Moira
Baía Edicións vén de convocar o 4º premio Meiga Moira de creación literaria
infantil-xuvenil, que se rexerá polas bases (PDF, 110 KB) que atoparán na páxina web de Baía Edicións.
O premio, que poderá quedar deserto, considerará un único galardón, ao que se lle asigna unha dotación económica de 2.500 euros. A obra será publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira.
O prazo de recepción de orixinais remata o 17 de Maio e a súa resolución darase a coñecer o 1 de outubro de 2010.
1º Certame de Poesía sobre os Penedos de Pasarela e Traba
O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) convoca o “1º Certame de Poesía sobre os Penedos de Pasarela e Traba” para conmemorar o primeiro aniversario da súa declaración como “Paisaxe Protexida” (11 de decembro de 2008). Establécense tres categorías: na primeira poderán participar os nenos e nenas que teñan ata 12 anos; a segunda vai dirixida a rapaces de entre 13 e 16 anos; e a terceira a todos aqueles autores maiores de 16 anos. A idade contémplase con data de 1 de xaneiro de 2010. A data límite de entrega é o 10 de abril de 2010. Descargar as bases.
