Estase a desenvolver a primeira fase do Certame de TeatroInfantil e Xuvenil Atenea 2008 que organiza o Ateneo Ferrolán, co patrocinio de Caixanova dende o ano comezado na ano 2003, polo cal estes días a actividade teatral dos grupos das asociacións e colexios que aspiran a estar na fase final é moi intensa, así como a dos membros do Xurado que teñen a encomenda de asistir a tódalas representacións que se realizan en horarios lectivos e outros de tarde.
O ditame e entrega de premios terá lugar na primeira quincena de xuño no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
Arquivo da categoría: Premios teatro: convocatorias
Premio Abrente de Textos Teatrais
Como mostra de apoio aos novos creadores, durante a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia entrega cada ano o Premio Abrente de Textos Teatrais, convocado polo Concello de Ribadavia. O galardón, dotado con 3.000 euros e a publicación da obra, concédese á mellor obra presentada, de tema e extensión libre e escrita en galego. O prazo de admisión remata o día 30 de xuño, e os orixinais deben enviarse ao Concello de Ribadavia. Bases.
GZ CREA 08: Certame galego de creadores novos
«A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, videoclips, composición para banda de música e deseño de xoias.
Acreditamos na creatividade da mocidade galega, apostamos por crear estímulos e canles de comunicación para a súa divulgación como modelos reais de presente e de futuro. O que pretendemos e implicarnos de xeito activo coa mocidade galega na procura de ferramentas e espazos que permitan estimular e vehicular as múltiples inquietudes artísticas individuais e colectivas da xuventude galega. […]» (Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar da Xunta de Galiza)
As bases poden consultarse na web de GZ CREA 2008.
Premios literarios do IGAEM para o eido dramático
VI Certame de Teatro Infantil e Xuvenil ATENEA 2008
Até o 22 de febreiro de 2008. Bases.
II Premio Diario Cultural de Teatro
«A Consellaría de Cultura e a Radio Galega presentaron este luns a II edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, co fin de retomar a tradición das representacións teatrais a través das ondas cunha renovada perspectiva contemporánea. O fomento da escrita de textos dramáticos para a radio é outro dos obxectivos principais desta iniciativa, que pretende tamén facilitar o diálogo entre autores e medio radiofónico, divulgar a escrita teatral galega e promover o encontro entre a audiencia.» Bases. (Vieiros)
XIII Concurso literario Ánxel Casal
Até o 25 de marzo de 2008. Bases.
XI Premio de teatro Josep Robrenyo
A Associació d’ investigació i experimentació teatral (AIET) convoca o XI Premio de Teatro «Josep Robrenyo». Até final de febreiro en catalán, galego, éuscaro e castelán. As bases poden consultarse aquí. Mais información na web da AIET.