Entrega de premios do concurso “Contos do Mediterráneo”

Dentro do programa do “IIº Ciclo Galiza: nin rastro de mulleres?”, na Biblioteca Francesca Bonnemaison de Barcelona (Sant Pere més Baix, 7) terán lugar un recital poético en homenaxe a María Mariño e a entrega de premios do concurso literario Contos no Mediterráneo, que contará coa presenza do escritor Diego Ameixeiras. Será o venres 25 de maio de 2007, ás 19 horas.

Remata o ciclo de conferencias do Liceo de Ourense

“O próximo martes 22 de maio a Sección de Literatura do Liceo de Ourense, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas adicado a autora María Mariño, organiza una Xornada co seguinte programa:
-Ás 17:30 horas, na Sala de Tertulia: Recital de poesía co gallo das Letras Galegas adicado a ”María Mariño”.
-Ás 20:15 horas, no Salón Noble: Conferencia de Carmen Blanco sobre ”Maria Mariño”.
Como remate do Vº Ciclo de Conferencias Visións de Galicia co título “As mulleres na cultura galega”.”

Homenaxe a María Mariño en Ferrol

“A Galería Sargadelos Ferrol comprácese en convidalos ao recital poético en homenaxe a María Mariño que terá lugar o vindeiro venres 18 de maio, ás 20:00 horas, no que intervirán: Mª Carmen Canto, Matilde Castro, Loreto de Castro, Nuria García Gonzalo, Mariola Hermida, Dulce López Rivera, Angélica Mosconi Domínguez, Xaime Pereira, Álex Pérez, Pilar Pita Sánchez, Esther Val, Aurora Varela e Sara Vigo.” Máis información en: ferrol@sargadelos.com

Festa das Letras en Boiro

Na Festa das Letras María Mariño en Boiro terán lugar as seguintes presentacións:

-As voces de María Mariño, libro-cd editado por La Voz de Galicia;
-Retrato dunha vida, creación audiovisual de Suso Xogaina;
-Versos que comezan, iniciativa de Barbantia na rede, homenaxe á poeta;
-Verba do tempo, espectáculo do grupo Ouriol con voz de Eva Veiga, música de Bernardo Martínez e Fito Ares, iluminación e escenografía de Alfonso Costa.

O acto contará coa participación das actrices Flor Maceiras e Rebeca Montero; Xosé Deira Triñanes, alcalde de Boiro; Tucho Calvo, escritor e xornalista de La Voz de Galicia; Antón R. Gallardo, historiador; Xerardo AgraFoxo, biógrafo da poeta; e Adolfo Muíños, coordinador de Novas Tecnoloxías de Barbantia. Será o vindeiro mércores 16 de maio, ás 20:30 horas, na Casa de Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro.