Xulio L. Valcárcel: “Hoxe, cunha globalización que pretende chegar coa súa teima uniformizadora e esterilizante aos lugares máis recónditos, os mapuches tratan de conservar a súa identidade. A loita tenaz e admirable deste pobo pola preservación, fronte a tanta e tan aberta hostilidade, dos seus sinais identitarios, a súa encomiable resistencia fronte á sociedade consumista de carácter masificador e homogenizador, e o papel esencial que nese proceso de afirmación do propio teñen desempeñado con orgullo os seus poetas, explican o porqué deste libro”.
A presentación de Lúa de xemas frías (Espiral Maior), a recente escolma de poesía mapuche cuxa edición vén de realizar Xulio L. Valcárcel, terá lugar o mércores 20 de maio ás 20,00 horas na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56). O acto contará coa participación de Iván Contreras, Miguel Anxo Fernan Vello e Xulio L. Valcárcel. Tamén ofrecerán unha participación especial o actor Gustavo Pernas e a actriz Ánxela G. Abalo.


«Os lectores de El Progreso e do xornal dixital Galiciae escolleron como Libro Galego do Ano 2008 o poemario Estúrdiga materia (Galaxia), de
O próximo 12 de febreiro, xoves, ás 20:00 no centro Fonseca dos xesuítas, terá a presentación do libro Dios, Hombre, Mundo. La Trinidad en Raimon Panikkar, de