A Galería Sargadelos Ferrol ten o pracer de convidal@s á presentación do libro e á campaña de animación á lectura desta semana.
Arquivo da categoría: Edición
Novo número de Foeminas (Revista Virtual de Xénero)
Xa está disponíbel o número 39 da revista foeminas. Para consultala, só é preciso entrar na web da revista.
O grupo poético De Amor e Desamor celebra os seus 25 años
«Durante este ano, os segundos martes de cada mes, a sede da asociación cultural Alexandre Bóveda, na Coruña, acollerá un recital poético para celebrar os 25 anos do grupo De Amor e Desamor. Esta xeración xurdía na cidade coruñesa en 1984 e reunía a poetas que van desde o falecido Lois Pereiro ata Monterroso Devesa, pasando por Xavier Seoane, Manuel Rivas, Lino Braxe, Pilar Pallarés, Miguel Mato e Salinas Portugal. Estes autores publicaron entón un poemario actualmente descatalogado.[…]» (La Voz de Galicia)
En Noia presentouse un conto inédito de Avilés de Taramancos
«O Concello de Noia presentou onte un conto inédito de Antón Avilés de Taramancos titulado O cabalo de vidro. Este texto foi escrito polo poeta noiés na década dos 50 durante a súa etapa na Coruña e foi achado hai uns anos no fondo dun baúl. En 2004 chegou a mans da profesora Aurora Marco, que foi a promotora da publicación. […]» (Galicia Hoxe)
Xavier Seoane analizou a obra de Alberto Datas
Xavier Seoane analiza a obra de Alberto Datas nun volume editado pola Deputación da Coruña. (A Nosa Terra)
A revista Grial, máis presente nos EE.UU.
2.359 títulos editados en nove meses, 1.466 en galego
«Os editores galegos publicaron ao longo dos primeiros nove meses do recentemente terminado 2008 un total de 2.359 títulos, dos cales o 62,14 por cento, 1.466, foron editados en lingua galega. […] Xa que logo, en Galicia editáronse neste período o 3,93 por cento dos libros que se publicaron en España, 2.359, dos cales 1.353 publicáronse na Coruña, 845 en Pontevedra, 113 en Ourense e 48 en Lugo e é, ademais, a sexta comunidade autónoma na que máis libros se editaron. […]» (El Progreso)
Bo Nadal e Ano Novo, de 3C3
Gondomar: María Reimóndez no club de lectura “Lendo contigo”
Este próximo sábado 20 de decembro, ás 12:00 horas, a escritora María Reimóndez participará no Club de lectura compartida Lendo Contigo. O libro proposto para este encontro é Lía e as zapatillas de deporte, e sobre el dialogará a autora coas nenas e nenos asistentes. O encontro terá lugar, como é habitual, na biblioteca de Gondomar.
Galaxia frecerá un blogue para o século XXI
Mañá mércores 17 de decembro, Día da Edición e do nacemento do editor Ánxel Casal, durante a mañá, estará dispoñible en Internet o blog da Editorial Galaxia, unha ambiciosa páxina electrónica que aspira a ser algo
máis que unha bitácora común: http://www.editorialgalaxia.com/weblog
