Yolanda Castaño gaña o XV Premio Espiral Maior

“O premio, convocado para libros de poemas escritos en galego ou portugués, ten unha dotación de 12.000 euros e inclúe a publicación da obra na colección Poesía de Edicións Espiral Maior cunha tiraxe de 2.000 exemplares.
No momento de anunciar o gañador estiveron presentes os membros do xurado e críticos literarios Xavier Baixeras e Xosé María Álvarez Cáccamo, xunto co director de Edicións Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello.” (Galicia-Hoxe.com)

Adolfo Caamaño Vázquez gaña o Iº Premio María Mariño

“Este sábado 5 de maio tivo lugar en Teo o fallo do Premio de Poesia María Mariño convocado pola Asociación Teenses pola Igualdade e patrocinado pola compostelana Librería, Follas Novas. Un xurado de luxo composto por Marilar Aleixandre poeta , Salvador García-Bodaño, escritor e membro da Real Academia Galega, Xosé Amancio Liñares Giraut, escritor, Mª Camiño Noia escritora e Helena Villar presidenta do Padroado Rosalía de Castro decidiron elexir como gañador dos 1.000 euros correspondentes o primeiro premio a Adolfo Caamaño Vázquez polo poema entitulado Elexía dos Aléns. Resultou gañador do segundo premio dotado con 500 euros, Marcelino Sisto Deibe que se presentou co poema Xinete no cabalo da memoria. Tanto o Xurado como a representante de Teenses Pola Igualdade, Rosa Gómez Limia manifestaron á súa satisfacción polo alto grao de participación a este Primeiro Premio o que se presentaron 83 traballos procedentes de diversos puntos xeográficos da Península como tamén do extranxeiro.
Nun solemne acto a celebrar o vindeiro 18 de maio no Pazo de Adrán de Teo Calo terá lugar a entrega dos galardón os gañadores.”