Entre
os domingos 10 e 17 de outubro desenvólvese na carpa instalada no Xardín do Posío en Ourense Auria, Semana da Literatura Histórica, feira que quere pór en valor o xénero que lle dá nome e satisfacer o interese de lectores, escritores, editores e profesionais. Nos andeis da mostra poderanse ver as novidades das editoras Alvarellos, Nigra Trea, Xerais, Galaxia, Ir Indo e Ouvirmos. Canda actividades como ciclo de cine sobre nomes da historia, actos de animación, mesas redondas, conferencias ou sinaturas de libros, haberá un Premio Novela Inmortal, que lle da a palabra aos lectores para escoller cal, entre as dez obras propostas, merece recibir este palmarés. O galardón quedará inmortalizado nun monolito no parque da Praza Bipo Cesáreo (Alameda alta) de Ourense. Os obxectivos de Auria son múltiples: divulgar o xénero e as súas novidades, dar a coñecer ao público os autores máis prestixiosos e descubrir os novos valores, analizar o fenómeno e o seu éxito e establecer pontes entre historia e literatura. O programa completo pódese descargar neste ficheiro .pdf: Programa de Auria, Semana de Literatura Histórica.
Arquivo da categoría: Historia
Domingo Rodríguez: “Castigar e readoutrinar”
Entrevista a Domingo Rodríguez en Galicia Hoxe.
Ourense acollerá en outubro un congreso para promover a literatura histórica
Boiro: presentación de As novelas da memoria, de John Thompson
Victorino Pérez: “É suicida non reivindicar a Prisciliano”
Compostela: presentación de Prisciliano na cultura galega, de Victorino Pérez Prieto
Congreso de filólogos medievalistas en Compostela
A Coruña: presentación de Inmunda escoria, de Ricardo Gurriarán
O martes 25 de maio ás 19:00 horas terá lugar a presentación do libro de Ricardo Gurriarán Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela. 1939-1968, no Centro Social Caixanova da Coruña (Rúa Rego de Auga). O acto, organizado pola Unión Comarcal de CC.OO da Coruña, a Fundación 10 de marzo e Xerais, coa colaboración da Asociación Cultural Namentras, contará coa participación de Pancho Fontenla, Anxo Guerreiro, Víctor Santidrián, Manuel Bragado e o autor.
Ourense: III Jornadas de História da Galiza
«De 15 a 24 de abril decorrerám na cidade de ourense as III Jornadas de História da Galiza. O prazo de inscriçom começou no passado dia 3 e encerrá a dia 14. O preço é de 30 euros para o público geral, e 15 € para desempregados/as, sócias/os da AGAL e das outras entidades organizadoras.
O evento está orgnanizado pola Associaçom Galega da Língua, A Esmorga, a Associação Sócio-Pedagógica Galaico-Portuguesa e o Instituto Galego de Estudos Celtas com a colaboraçom do departamento de Cultura da Câmara de Ourense e da Universidade de Vigo.
As Jornadas som computáveis por 19 horas com um diploma da Universidade de Vigo, válido para todo tipo de concursos -excepto sexénios-, e será entregue na última palestra. Ainda, na seqüência do evento haverá actividades lúdicas até 8 de maio.» (Portal Galego da Língua)
A Coruña: presentación dun libro de Victorino Pérez Prieto

O libro de Victorino Pérez Prieto Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario preséntase mañá mércores 17 de marzo na Biblioteca de Estudos Locais ás 20 horas, con entrada libre. No acto participarán a Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo; o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes; a catedrática da Universidade da Coruña e autora do prólogo, Pilar García Negro, e o propio autor do libro, Victorino Pérez Prieto.

