O
venres 17 de febreiro, ás 20:30 horas, na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura Ponte das Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, terá lugar unha nova Tertulia do IEM coa catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago, Ofelia Rey Castelao. O faladoiro terá por título Galicia, país sen santas: Monxas e beatas na Idade Moderna, sendo presentada por Xosé Lois Vilar.
Arquivo da categoría: Historia
Xesús Ferro Couselo e o nacemento de Ourense
Desde Cultura Galega:
“No ano 1968, o intelectual ourensán Xesús Ferro Couselo impartiu esta conferencia, Orixe e formación da cidade de Ourense, como parte da programación inaugural da Agrupación Cultural Auriense. A conferencia foi gravada por Carlos Guitián. Trátase do volume 8 da colección As nosas voces, publicada polo Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega no ano 1996.”
Xuño, Porto do Son: presentación de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, e proxección de As silenciadas
O
sábado 4 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura (Lugar da Agra, s/n, a carón do Centro de Saúde) de Xuño (Porto do Son), preséntase o libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, publicado en Laiovento. No acto, en que se proxectará o documental As silenciadas, de Pablo Ces, e organizado pola A. C. Barbantia, participarán, xunto á autora do libro, Pablo Ces e Xesús Laíño.
Santiago: presentación de Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González
O
mércores 25 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González, publicado en Xerais. No acto, xunto autor, participan Víctor Santidrián e Manuel Bragado.
Valentín Paz Andrade: “Un nacionalista na Transición”
Artigo
sobre Valentín Paz Andrade en El País (Galicia):
“(…) Aínda que Paz-Andrade ten deixado nas súas memorias (Valentín Paz-Andrade, a memoria dun século. Tucho Calvo. Biblos 2011), testemuña deste tempo pre-democrático, é interesante rescatar as respostas que lle dá naqueles días a un xornalista do semanario Teima, que se manifesta escéptico sobre as posibilidades da comisión: “A política é negociación. Non sei o que pode saír das reunións, pero o importante é que Galicia estea presente, que non quedemos marxinados nin acochados nos nosos tobos mirando como a historia pasa por riba de nós”. E sobre a carencia dalgúns apoios argumentaba “é un problema de cativeza política, resultado de 40 anos de ditadura”. Paz-Andrade defendía que o pobo galego se autodeterminara unha vez no Estatuto de 1936, “e mentres non haxa outro acto de expresión popular e libre, o Estatuto virá porque é unha legalidade histórica apoiada no voto masivo dos galegos. Este é un argumento sagrado”.
Con apoios demediados pero coa certeza de que a oportunidade pasaba pola porta e había que aproveitala, Valentín marchou a Madrid e estivo en todas as reunións celebradas aqueles meses, como antes participara nas celebradas en París e Estrasburgo de 1974 a 1976 pola Junta Democrática de España. (…)”.
A Coruña: presentación de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco
O
xoves 19 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Fundación Novacaixagalicia (Cantón Grande) da Coruña, preséntase o libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco, publicado en Laiovento. No acto, no que intervirán xunto á autora Francisco Pillado e María Teresa Martínez, proxectarase un capítulo do documental As silenciadas, da autoría de Pablo Ces.
Ferrol: presentación de Xaime Quintanilla Martínez, de Carlos Pereira e Ana Romero
O
venres 13 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, nº 30-32) de Ferrol, preséntase o libro Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez, Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica 2011. No acto participan Cesáreo Fraga García, Xesús Mosquera Sueiro e os autores.
A Coruña: roteiro Irmandades da Fala
“O
Domingo dia 15 de Janeiro, a Agrupaçom Cultural O Facho organiza em parceria com as associaçons A Gentalha do Pichel e Gomes Gaioso um passeio-roteiro para visitar os mais emblemáticos lugares das Irmandades da Fala pola Corunha. Começaremos na rua Real para tomarmos um café no Café Vecchio, que tem um importante mural da Corunha feito por Urbano Lugris. Lembraremos o local onde estivo a Editorial Nós, passaremos pola praça de Maria Pita até o cemitério de Santo Amaro em lembrança de significados pessoeiros galeguistas… e jantaremos no mesom onde estava a fonda da família de Ángelo Casal. Xúlio Cuba acompanhará o roteiro e irá indicando todo o tipo de dados e pormenores históricos.
Para jantar, confirmar assistência em gentalha@agal-gz.org ou no 696.026.002
Estes som os horários:
– Santiago de Compostela: 09:45 horas – Na estaçom de trem de Compostela.
– Corunha: 11:30 horas – No café Vecchio da rua Real da Corunha.”
Gondomar: presentación de Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, de Francisco Maseda
O
sábado 17 de decembro, ás 20:00 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, preséntase o libro Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña. I Conde de Gondomar, de Francisco Maseda, publicado en Biblos. No acto de presentación participan, ademais do autor, Tucho Calvo e Carlos Méixome. O acto contará tamén coa presenza e intervención do XIII Conde Gondomar, Gonzalo Fernández de Córdoba y Narváez e será clausurado por Fernando Guitián Guitián.
Ferrol: presentación de Prisciliano na cultura galega, de Victorino Pérez Prieto
O
venres 16 de decembro, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Praza da Constitución, s/n.) de Ferrol, preséntase o libro Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario, de Victorino Pérez Prieto, publicado en Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, Elia Rico, presidenta da Asociación Cultural Medulio, Xaime Bello e Pilar García Negro.