Rafael Lema presentará a súa última novela U-49 (Edicións Tambre-Edelvives) o día 1 de febreiro na libraría Ler de Santa Comba (A Coruña), ás 20:00 horas.
Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
O neno do pixama a raias, de irlandés John Boyne, preséntase na Coruña
A editorial Faktoría K vén de publicar en galego O neno do pixama a raias, o éxito literario do escritor irlandés John Boyne, traducido por Daniel Saavedra, do que se levan vendido millóns de exemplares en todo o mundo. A obra, que forma parte da nova colección Narrativa K, presentarase na FNAC da Coruña este xoves día 31 de xaneiro, ás 19:30 horas.
Premio Barco de Vapor 2008
Até o 15 de abril de 2008. As bases na web da editorial.
VI Certame de Teatro Infantil e Xuvenil ATENEA 2008
Até o 22 de febreiro de 2008. Bases.
A literatura cubana e o mar na Feira do Libro de Pontevedra
Obradoiro de ilustración en Ferrol arredor de Punver, de Yolanda Castaño.
O 19 de xaneiro a partir das 11:00 horas terá lugar na Galería Sargadelos de Ferrol (R/ Rubalcava, 30-32) un obradoiro de ilustración arredor da obra Punver, de Yolanda Castaño.
III Premio Meiga Moira – 2008
Antes do 17 de maio de 2008. Bases.
III Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil
Antes do 7 de abril de 2008. Bases.
XXIII Premio Merlín de literatura infantil
Antes do 7 de abril de 2008. Bases.
O único que queda é o amor (Edicións Xerais), de Agustín Fernández Paz, Premio Xosé Neira Vilas
«Despois da primeira votación entre as candidaturas presentadas ao Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil do ano, co que se pretende recoñecer un libro infantil ou xuvenil editado polos membros da AGE e publicado orixinalmente en lingua galega entre o 1 de decembro de 2006 e o 30 de novembro de 2007, resultaron finalistas as seguintes obras: “Minimaladas”, de Carlos López (Edicións Xerais de Galicia), “O único que queda é o amor”, de Agustín Fernández Paz (Edicións Xerais de Galicia) e “Xela volveuse vampira!”, de Fina Casalderrey (Baía Edicións). Trala derradeira votación resultou gañadora EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA por “O único que queda é o amor”, de Agustín Fernández Paz.» (AGE)