«A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar a contratación de novas aplicacións tecnolóxicas para a lingua galega. O Diario Oficial de Galicia publica para a contratación dun sistema de tradución automática do galego ao castelán, do galego ao inglés e do inglés ao galego, por procedemento aberto e mediante concurso.» (sociedadedainformacion.eu)
Arquivo da categoría: Internacional
A ONU quere promover as linguas minoritarias na rede
«O Foro sobre a Gobernabilidade de Internet, organizado pola ONU a partir do próximo día 12 de novembro en Rio de Janeiro, debaterá sobre o uso das linguas minoritarias en internet. O inglés segue a ser a lingua dominante no espazo, segundo datos da Internet World Stats.» (sociedadedainformacion.eu)
O Cervantes de Tokio abrirá as portas dentro dunha semana
«O Cervantes de Tokio está localizado nun céntrico edificio ubicado na área de Yotsuya, en pleno corazón académico de Tokio e a un paso da Universidade Sophia, e ofrecerá clases de español e de catalán, e próximamente de éuscaro e galego.» (La Voz de Galicia.es)
XXI Festival da poesía no Condado
«PROGRAMA DO XXI FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO
Do 30 de agosto ao 1 de setembro 2007. Salvaterra de Minho.
30 de Agosto
19:30
Abertura de Exposiçons (Covas de Dona Urraca / CASA DO CONDE)
Pintura: Delia Rodríguez, Erica T. Fresco, Cora Vidal, Clara Salamanca Fernández, Sarai Fernández Márquez
Projecçom: Reportagem do fotógrafo Alberto Prieto.
Video-poemas: Lara Bacelo, Maria Lado, Davide e Estevo Creus, Ledicia Costas, Dani Raatzke e Cuco Pino.
Fotografia: O barco da memoria
Exposiçom: Sobre o periódico “A Voz do Condado” (1977-1979)
20:30
Projecçom de Audiovisuais (COVAS DE DONA URRACA) A Casa de Lola de Andrés (Olaia Sendón, 2006), Curtas premiadas no festival de Cans.
22:30
Noite portuguesa (Covas de Dona Urraca): Filipa Pais. Aforo limitado, entrada 10 €. Ao remate tentempé de meia-noite.
31 de Agosto
20:30
Projecçom de Audiovisuais (COVAS DE DONA URRACA): Bs.As. (Alberte Pagán, 2006), Curtas premiadas no festival de Cans.
22:30
Festa Jovem (ZONA DAS MURALHAS), apresenta Carlos Santiago: Galegoz (Galiza), Boom Club (ex-Spook & the Guay) (França), Peste & Sida (Portugal), Obrint Pas (Països Cataláns).
1 de Setembro
11:00
Marcha popular: Charanga, Murga Os 6 do Condado, Gaiteiros Bailía.
Concerto da Banda de música de Salvaterra.
Feira Popular
Artesanato: cesteiros, zapateiros, cabaqueiros, instrumentos tradicionais…
16:00
Festa infantil (Praça do castelo): Troula Animación (zancudos, animaçom de rua…)
Obradoiros: maquilhagem, globoflexia, barro…
Comboio de baixa velocidade.
Ultraligeiros: Clube Meteoro.
19:30
Festival Poético-Musical (Zona das muralhas), apresentado por Miguel de Lira e membros de Chévere.
Poetas: Marica Campo, Celso F. Sanmartín, Roi Vidal, Daniel Salgado, Manuel Outeiriño, Raida Rodríguez, Koki, Ana Romaní, Lucía Novas, Celso Álvarez Caccamo, Pedro António Ribeiro (Portugal), Delmar Maia Gonçalves (Moçambique), Xabi Borda (Euskal Herria), Jon Benito (Euskal Herria), Pau Gener Galin (Països Cataláns).
Grupos musicais: Xarin (Galiteiros do Íncio), Marful (jazz-band, Galiza), Mercado Negro (reggae· Portugal), Dany Silva (Cabo Verde).
Serviços: zona de campismo, transportes gratuítos, etc.». Máis información na páxina do Festival.
Obras do Centro Ramón Piñeiro accesíbeis desde a Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Escritores e xornalistas finalizan en Santiago a promoción dunha ruta xacobea marítima
Nesta peregrinaxe participaron escritoras e escritores como Espido Freire, Rosa Regás, Juan Manuel de Prada e Fanny Rubio. Á súa chegada a Vilagarcía a expedición contou coa presenza de Luisa Castro, Xulio Valcárcel, Antonieta Castro e Posidonio Cachapa. (Laopinioncoruña.es)
Ramón Villares en Uruguai e Arxentina
Nova entidade para defender os dereitos lingüísticos na administración do Estado
«O Consello de Ministros, a proposta do titular de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, aprobou un Real Decreto polo que se crea o Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado e a Oficina para as Linguas Oficiais. É unha iniciativa destinada a asegurar que os cidadáns das comunidades autónomas con lingua oficial propia poidan exercer de xeito pleno o seu dereito a dirixirse á Administración Xeral do Estado en devandita lingua, nos termos que establecen as leis. Así, os cidadáns galegos poderán empregar o galego como vehículo de comunicación cos diferentes órganos da Administración central.» (Galicia-Hoxe.com)
Xelís de Toro presenta “Terminal” en Inglaterra
«Xelís de Toro e o seu grupo artístico Rough Company presentan o mércores [8 de agosto] na galería Fabrica, da cidade británica de Brighton, a súa instalación-performance Terminal. A montaxe multimedia está baseada no libro do mesmo título publicado en 1994 en Edicións Positivas. A peza estreouse hai doce anos na Universidade de Oxford, nun encontro artístico en Bélxica e na compostelá Sala Nasa.» (Vieiros: Galiza Hoxe)