Séchu Sende estará no Literactúa de Carballo

O Concello de Carballo e a Taberna-Café O’ Patacón convidan á conversa con Séchu Sende, autor do libro de relatos sociolingüísticos Made in Galiza, dentro do proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego. Será o día 26 de setembro de 2007, ás 20:30 horas, na Taberna-Café O’ Patacón de Carballo. (Concello de Carballo)

Presentación en Compostela de “Ratas en Manhattan”, de Francisco Álvarez

O martes 11 de setembro, ás 20:00 horas, presentarase a obra Ratas en Manhattan, de Francisco Álvarez. Será na Livraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes). Ademais do autor do libro intervirán Ánxela Gracián (directora da colección e escritora) e Olegario Sotelo Blanco (editor).

Carballo: Praza dos libros 2007

«O Xardín Municipal de Carballo encherase durante catro días, do 23 ao 26 de agosto, de libros, de actividades lúdicas, participativas, divertidas e formativas para nenas e nenos e para persoas adultas, de autoras e autores da comarca e do país, de presentacións e sinaturas de libros, de recitais, de actuacións, de representacións, etc. Unha nova edición da feira literaria de Bergantiños á que non podes faltar.»

PROGRAMA

XOVES 23
11.00 h: Inicio da Praza dos Libros 2007 e Ciclobiblioteca.
12.30 h: Presentación da Praza dos Libros e do terceiro trimestre do programa Literactúa, de difusión do libro e a lectura en galego (setembro, outubro, novembro).
13.00 h: Inauguración e pregón de Mercedes Queixas Zas.
19.30 h: Presentación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, coa presenza de Mahmoud Elhda, subdelegado saharauí para Galiza.
20.30 h: Presentación de Lingua, nación e identidade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
21.30 h: Recital-presentación de As horas de María, de Paco Souto.

VENRES 24
11.30 h: A fábrica da fantasía: Actividades veloces para facer e levar (actividade para nenas, nenos e maiores). Contos rápidos para levar. Poemas a toda máquina. Imaxes que contan historias.
20.00 h: Actuación de Títeres Viravolta. Unha de piratas.
21.00 h: Presentación conxunta de Arte e parte, de Xurxo Borrazás, e da reedición de Crónicas de Carballo I, de Xan Fraga.
22.30 h: Concerto da caboverdiana Nancy Vieira.

SÁBADO 25
13.00 h: Presentación de Historia dunha lata e de Lume!, de Alberto Varela Ferreiro.
19.30 h: Presentación de Seavia é nome de parroquia, de José Antonio Andrade.
20.30 h: Presentación de O bosque de Nadgor, de Farruco Graña.
21.30 h: Concerto-presentación Hai cu. Pintadas no váter, de Leo i Arremecághona.

DOMINGO 26
11.00 h: Un libro, un pan. Todas as persoas que merquen algún libro serán agasalladas cun pan da marca Pan de Carballo.
12.00 h: Sinatura de libros de Santiago Jaureguizar.
20.00 h: Charla dramatizada de María Mariño, por Brais Fernández Álvarez.
21.30 h: Concerto do cantautor cubano Norge Batista e remate da feira.

Xosé Neira Vilas e César Antonio Molina na Feira do libro d’ A Coruña

Ás 18:30 horas na Feira do libro d’ A Coruña (Xardíns de Méndez Núñez), o escritor Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros na caseta de secretaría.

Ás 19:30 terá lugara presentación do poemario Eume, de César Antonio Molina, publicado pola Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Luis García Soto (filósofo e profesor da USC), Antón Patiño (pintor), Manolo Vilariño (fotógrafo) e o director xeral da editorial Víctor Freixanes.