O
mércores 29 de xuño, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, preséntase a novela Nas profundas augas do esquecemento, de Sergio Vences, publicada en Toxosoutos. No acto acompañará ao autor Xesús Alonso Montero.
Arquivo da categoría: Narrativa
Domingo Villar: ‘Investigar un crime é a escusa que me permite retratar a miña terra’
Agustín Fernández Paz: “A xeración dos 50 volve a Monteverde”
Entrevista
a Agustín Fernández Paz en Xornal:
‘”Esta novela [Non hai noite tan longa] é un axuste de contas comigo mesmo e coa miña xeración”, recoñece o escritor., recoñece o escritor. “Eu non son Gabriel Lamas. Non escapei, coma el, dunha situación que o afogaba, e por iso non experimento a súa carraxe. Pero si que teño a sensación de ter sido estafado. Vólveme cada vez que vexo unha película e comprobo que hai moitas imaxes que foran censuradas, ou cando consigo ver por fin algunhas que sabía de memoria polas revistas de cine e que xa non me serven agora. Pasoume hai uns anos con If…, a de Lindsay Anderson. Eu sabíao todo desa película por Triunfo, que lía todas as semanas, e por Film Ideal e Nuestro cine. Devecía por vela, pero era imposíbel. Cando a vin, despois de tantos anos, xa non me fixo graza. Pasáralle o momento”. (…)
Monteverde é Vilalba, pero tamén outras vilas nas que viviu Fernández Paz ao longo da súa vida, como Betanzos, Pontedeume ou Guitiriz. “Se quixese que o lector identificase o que conto con Vilalba, chamaríalle Vilalba. Non o fixen porque estas cousas acontecían en calquera vila galega –e creo que española– da época, talvez de maneira algo menos acusada na costa”. Os antagonistas cos que bate Lamas, como sucedería tamén en calquera outro lugar do estado español, son os mesmos que torturaran o seu pai. Descendentes sociolóxicos ou de sangue dos que se levantaran contra as aspiracións dos seus antepasados, de tradición anarquista. “Esa é a outra estafa. Repasa a lista dos altos cargos das institucións e dos consellos de administración das empresas e compáraa coa dos xerarcas do franquismo, a ver que pasa. Están todos os apelidos, seguen no poder. O das fosas comúns é o síntoma máis evidente, pero hai outras fosas, simbólicas, que tampouco queren abrir”.’
Ángel de la Cruz dirixirá a adaptación audiovisual das historias do detective Frank Soutelo
“O
director Ángel de la Cruz
adaptará para as pantallas coa súa produtora Artemática, a novela Lume de cobiza, a recente entrega do detective Frank Soutelo na súa primeira aventura en Galicia, obra do escritor e crítico cinematográfico Miguel Anxo Fernández, editada por Galaxia e actualmente nas librarías. (…) Na presentación da obra en Santiago, proxectouse un teaser do proxecto audiovisual da obra e a presentación da web de Frank Soutelo.” Vía Galaxia.
Oleiros: recital de A porta verde do sétimo andar
O
sábado 25 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa Charry (Praza de Galiza, s/n.) de Oleiros, terá lugar un recital do Colectivo A porta verde do sétimo andar. Como parte do acto, presentaranse os Q de Vian, cadernos que promove o Colectivo, a aportación musical do cantautor Miguel Alonso e presentarase a novela de Kiko Neves O día que morreu Steve Macqueen. Unha novela de Xabi Ribax.
Kiko Neves: “A feble Transición”
Manuel Portas: ‘O extraordinario do cotián’
Entrevista
a Manuel Portas en Galicia Hoxe:
‘En canto ó estilo, respecto á lingua, [Un dedo manchado de tinta] non é moi diferente de Denso recendo a salgado. “É unha lingua moderna, urbana, desruralizada. Temos que ter un estándar de lingua urbana. E creo que este é un esforzo que se está levar á práctica na literatura actual”, indicou. Acompaña ó libro un CD do grupo Loaira, cun tema composto para cada un dos personaxes principais da novela.
“Creo que o futuro pasa pola multidisciplinariedade. Xuntar distintas expresións artísticas: literatura, danza, música… Clara Pino fixo as letras a partir da novela, e compuxo tamén a música con Rubén Abel”, comentou, por último. (…)
“Creo que a xente non é consciente do mal que se lle está a facer á lingua, indo contra elementos do pacto social básico sobre a lingua, como a lei de normalización ou a toponimia. É lamentable o que está a pasar, e non só pola repercusión directa das medidas que están a supor un retroceso, senón por como van afectar ó prestixio social da lingua”, opina.
O actual alcalde da Coruña desafía a lei de toponimia, a Xunta aplica un decreto sobre o uso do galego no ensino “feito en alianza coa ultradereita….”.
“A lingua é de todos, e é de todos a obriga de defendela. E mentres no se decaten disto, non imos avanzar. Non vale nin atacala, nin apropiarse dela”, reflexionou Portas.’
A Pobra do Caramiñal: presentación de Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz
O venres
24 de xuño, ás 20:30 horas, na Librería Ler (Rúa Paz, 8) da Pobra do Caramiñal, preséntase o libro Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, publicado por Xerais. No acto, organizado pola editora, a librería e a Asociación Cultural Barbantia, acompañarán ao autor Xosé Luís Axeitos, Fidel Vidal, Xosé Ricardo Losada e Xesús Laíño.
Entrevista a Xulia Alonso
(Galaxia)
Xulia Alonso gaña o Premio San Clemente en lingua galega, por Futuro imperfecto
“O
primeiro libro de Xulia Alonso Díaz, Futuro imperfecto, resultou gañador da XVII edición do Premio Arcebispo Juan de San Clemente en lingua galega. Os outros finalistas foran Denso recendo a salgado, de Manuel Portas, e Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes. En castelán a novela gañadora foi Riña de gatos, de Eduardo Mendoza, e en lingua estranxeira Brooklin, de Colm Tóibin. Organizado polo Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, o Premio está dotado con 9.000 euros e recoñece a mellor novela do ano en cada modalidade, elixida por alumnos de Bacharelato deste e doutos catro institutos galegos. A edición deste ano contou ademais cun instituto portugués e outro de Madrid.” Vía Galaxia.