“Rosana Mont’Alverne, de Brasil, Tim Bowley do Reino Unido, Clara Haddad de Portugal e os galegos Pavis-Pavós, Cándido Pazó, Fina Casalderrey, Charo Pita, Paula Carballeira e Andrea Bayer. Estes son os participantes en Sete falares, o encontro internacional de contadores de historias que se celebra en Pontevedra entre os días 8 e 10 de xuño. Os narradores participantes amosarán as súas habilidades en diferentes lugares da cidade como Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, a Casa das Campás e mesmo nun barco durante un percurso pola Ría.” Vía Cultura Galega.
Arquivo da categoría: Oralidade
Mesía, Ponteceso: novas Polafías
Mañá venres e pasado mañá sábado terán lugar as seguintes polafías:
Ponteceso, 21 de maio, ás 20.30, na Fundación Eduardo Pondal
Mesía, 22 de maio, ás 21.00, na Praza do Concello de Mesía (haberá carpa)
As polafías son un proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións locais e institucións. A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou
veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego.
Mais información sobre Polafía Ponteceso e Polafía Mesía. Para ver os contidos videográficos das anteriores polafías, podedes ver o portal da Sección de Literatura de Tradición Oral na web da AELG.
Retornan as Polafías
A AELG, a través da súa sección de Literatura de Tradición Oral e coa coordinación de Antonio Reigosa, comeza neste mes de maio a temporada de polafías na vila de Ponteceso o vindeiro venres 21, ás 20.30, na Fundación Eduardo Pondal. O día 22 terá lugar outra en Mesía.
Durante 2010 organizaranse un total de seis polafías. Cos patrocinios da Consellaría de Cultura e Turismo e das Deputacións Provinciais da Coruña e Lugo.
Vigo: POÉTICAS PARA UNHA VIDA, ciclo de poesía oral, experimental e de acción
Cinco anos de “Galicia encantada”

O sitio web Galicia Encantada fai mañá 3 de marzo os seus primeiros cinco anos. Parabéns a todos os que coas súas contribucións fixeron dese espazo na rede o que hoxe é, e nomeadamente ao seu coordinador de contidos, Antonio Reigosa.
X Concurso de Relato Oral “Tíralle da lingua”
Tíralle da lingua é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias…de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde. Bases.
Lugo: nova entrega da “revista oral” O pazo das musas 19
Mañá xoves 24 de setembro de 2009 ás 20 horas, no Museo Provincial de Lugo celébrase unha nova edición da revista oral de periodicidade trimestral O pazo das musas, nº 19, cos seguintes contidos: Activismo cultural, a cargo da Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde; Exposición virtual: Un bosque nas miñas lembranzas, por Laura Pernás; Poesía, por Xiana Arias Rego; Xoias do Museo: Xoias tradicionais do MPL, por Mª del Rosario Fernández, e Música, a cargo de Celina da Piedade. A entrada é de balde. Máis información na web do museo.
Lugo: II Xornada de Literatura oral
Os días 16 e 17 de outubro vai ter lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo a II Xornada de Literatura oral arredor da figura do lobo, O mito que fascina. Intervirán como relatores Xabier P. Docampo, escritor, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil; Antxon Gómez Lorente, escritor, garda de montes do Parque Natural de Pagoeta; Alberte Reboreda, arqueólogo, técnico de Patrimonio Cultural, e X. Luis Garrosa Gude, escritor, profesor e investigador da literatura oral.
Lugo: presentación d’ O pazo das musas, revista oral, nº 16
Xoves, 18 de decembro de 2008 será presentada a revista oral de periodicidade trimestral O pazo das musas, editada polo Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 20 horas. Lugar: Refectorio do Museo Provincial de Lugo. Duración aprox.: 1:30 h.
Polafía en Riotorto
O sábado 6 de decembro de 2008, ás 18:00 no Mazo da Fraga de Ferreiravella, terá lugar unha Polafía baixo o epígrafe “De contos cos ferreiros”. Actuará tamén o músico Xavier Blanco.
Coa colaboración da Asociación Cultural “Arrincadeira” e do Concello de Riotorto. Organiza: AELG. Patrocina: Vicepresidencia Primeira, Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo.

.jpg)
