Redondela (no Multiusos da Xunqueira) o xoves 21 e Lugo (no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia, Pza. de Santa María) o venres 22, serán os escenarios nos que Ignacio Ramonet e Ramón Chao falen sobre “A guerra e a paz hoxe. Xeopolítica dos conflictos contemporáneos” e máis sobre “A guerra contra os pobres”, en conferencia conxunta. Será dentro do ciclo “Os latexos do mundo”, levado a cabo neste primeiro semestre do ano polo Club Internacional de Prensa coa colaboración de Le Monde Diplomatique.
Arquivo da categoría: Palestras
Conferencia n’A Coruña sobre a tradición popular en Escocia
O xoves 7 de xuño terá lugar unha conferencia a cargo do profesor escocés D. David Clark sobre tradición popular en Escocia. Será ás 20:30 horas no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Olmos, 16-18, 1º).
Conferencia de Manuel Lourenzo na Coruña
O xoves 24 de maio ás 20:30 horas, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos 16-18, 1º), terá lugar unha conferencia a cargo do dramaturgo D. Manuel Lourenzo, que falará da literatura de tradición popular en Galiza.
Conferencia de José Braga-Amaral na Coruña
O martes 22 de maio, ás 20:30 horas no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda de Coruña (Olmos, 16-18, 1º), terá lugar a conferencia a cargo do escritor portugués D. José Braga-Amaral, que falará d´”O mesmo sol, a mesma terra, a mesma língua, dois escritores irmãos da Galiza: Miguel Torga e João Araujo-Correia”.
Conferencia de Afonso Becerra n’A Coruña
O mércores 23 de maio ás 20:00 horas, no Foro de Casahamlet da Coruña (Rúa Alfonso VI, 11, Baixo), haberá unha conferencia coloquio sobre “O ritmo no teatro”, a cargo do dramaturgo e profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galiza Afonso Becerra de Becerreá.
Charla de Suso de Toro
Baixo o título “As raigames: terra ou ceo?”, Suso de Toro falará en Compostela para a A.VV. Raigame. Será no Centro Sociocultural (Frei Rosendo Salvado, 14-16) ás 20:00 horas.
Conferencia de Rosa Aneiros
Baixo o título “As raigames na (nosa) Literatura”, Rosa Aneiros falará en Compostela para a A.VV. Raigame. Será no Centro Sociocultural (Frei Rosendo Salvado, 14-16) ás 20:00 horas.
A próxima semana na Galería Sargadelos de Ferrol
O luns día 14 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a conferencia “O galego na Universidade”, a cargo de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
O martes día 15 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar unha mesa redonda sobre “O libro no mundo editorial galego”, na que intervirán Antón Cortizas, (Tambre-Edelvives) e Miguel Toval (Editorial Embora).
O mércores día 16 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a mesa redonda “O galego nos medios de comunicación”, na que intervirán: Germán Castro (Diario de Ferrol), Xan Morales (Club de Prensa), Uxío Fernández Fernández (Ferrol Hoy), Antía Díaz (Voces de Ferrol de Radio Voz) e Raúl Salgado (Localia TV).
O venres día 18 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar un Recital de versos de María Mariño, a cargo de diversos poetas de Ferrolterra.
Conferencia de Pilar G. Negro sobre María Mariño
O martes 24 de abril terá lugar na A. C. Alexandre Bóveda unha conferencia de Pilar G. Negro sobre a figura de María Mariño. Presenta o acto Carmén Fernández Pérez-Sanjulián. Será ás 20:30 horas.
Conferencia de Rosa Aneiros sobre Felicia Auber
Terá lugar hoxe, luns 16 de abril, ás 20:15 horas no Liceo de Ourense. Esta intervención pertence ao Vº Ciclo de Conferencias Visións de Galicia que, baixo o título “As mulleres na cultura galega”, organizou a Sección de Literatura do Liceo de Ourense.