Arquivo da categoría: Pedagoxía
Mesa redonda virtual: “Johan Vicente Viqueira. Vida, obra e permanência nos 100 anos do seu passamento”
A Coruña: monográfico sobre Xogos populares e tradicionais, no programa de radio Recendo
O martes 20 de xaneiro, no programa de radio Recendo da A. C. Alexandre Bóveda, transmitido en CUAC FM, haberá un monográfico sobre Xogos populares e tradicionais, con entrevistas telefónicas a representantes das seguintes entidades: Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, Xotramu e Brinquedia. A música será do disco Cantos vellos para rapaces novos, editado en 2001 pola A. C. Donaire. O programa, que se emite todos os martes de 19:00 a 20:00 horas, pódese escoitar no 103.4 FM na comarca da Coruña, e en directo en internet, na web da emisora, pulsando o botón En directo. En diferido, pódense escoitar todos os programas xa emitidos, en Recendo blog.
Nova unidade didáctica sobre a obra de Uxío Novoneyra
Con autoría de Suso Pacoret, a Asociación de Escritores en Lingua Galega pon a disposición do profesorado a unidade didáctica “Gorgorín e Cabezón”, destinada a primeiro ciclo de ensino primario. Para acceder a ela clicar aquí.
A Coruña: V Xornadas sobre lingua e usos
O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Real Academia Galega, organiza as V Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano versarán sobre a lingua galega e a docencia universitaria.
As xornadas terán lugar os días 12, 13 e 14 de novembro no Paraninfo da Reitoría e a elas están convidados, entre outros, membros do profesorado da UDC e membros dos equipos de goberno de universidades galegas e non galegas con responsabilidades no ámbito da docencia.
O prazo de inscrición remata o día 5 de novembro. Máis información en:
http://www.udc.es/snl
http://www.udc.es/snl/dinamiza_xorna.html
(Servizo de Normalización Lingüística – Universidade da Coruña)
Xabier Docampo ofrecerá este xoves unha charla sobre oralidade eliteratura
O escritor Xabier Docampo ofrecerá este xoves unha charla sobre oralidade e literatura. A VIII Campaña de Animación á Lectura ‘O eco da memoria’ -organizada pola Concellaría de Educación de Santiago e a editorial Kalandraka- celebra esta semana dúas actividades formativas para adultos impartidos pola Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) e o escritor Xabier Docampo.
O mércores 23, coincidindo co Día do Libro, a educadora María Alonso González, de BATA, impartirá unha charla titulada “Animar a ler dende a diversidade: o ritmo e a lectura”, na que vai ofrecer métodos para o achegamento ao libro para as persoas con discapacidade intelectual. (KALANDRAKA)
Presentación do vídeo didáctico É. O Verbo, de M.ª dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade
«Dentro das actividades da AS-PG está a de dotar ao profesorado de materiais innovadores utilizando os recursos que nos proporcionan os medios audiovisuais e as novas tecnoloxías. Neste contexto situamos o vídeo É. O Verbo de M.ª dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira, que será presentado o 3 de marzo ás 19:30 no salón de actos do IES do Eusebio da Guarda (Praza de Pontevedra, A Coruña).
Destinado ao ensino secundario, materializa o esforzo de levar a imaxes unha cuestión tan complexa dentro da gramática como o verbo, explicándoa cun método totalmente innovador e supondo, por primeira vez en todas as linguas do noso contorno (só existe outro, E non chegou a ser palabra… sobre os afixos léxicos, dos mesmos autores), a edición dun material audiovisual sobre o funcionamento da lingua. A través de técnicas audiovisuais de animación, estúdase o verbo en todos os seus aspectos: concepto de verbo, elementos e valores, morfemas, irregularidades nos morfemas… A finalidade é tornar claros e amenos uns contidos gramaticais que á maioría do alumnado resultan áridos e problemáticos, utilizando a imaxe como elemento esclarecedor da base teórica.» (AS-PG)
“Educar para ler”, campaña de animación á lectura da Galería Sargadelos de Ferrol
A Galería Sargadelos Ferrol realizará este sábado 1 de Marzo de 11 a 13 horas da mañá unha nova sesión da campaña de animación á lectura “Educar para ler” que ven realizando nos últimos anos. Nesta ocasión, a encargada da actividade é a actriz e escritora Fusa Guillén, quen traballará cos libros Pampón tiña razón e O segredo de Daniel, ámbolos dous pertencentes ao Colectivo Garola.
A AS-PG convoca un curso de Podcast
A finalidade do curso é capacitar aos docentes tanto técnica como formalmente no mundo dos podcast; permitindo aplicar as novas tecnoloxías da comunicación ao seu cometido docente. (AS-PG)
Miro Villar gaña o premio Pura e Dora Vázquez de literatura infantil
“A quinta edición do Premio de Literatura Infantil Pura e Dora Vázquez xa ten gañador: o escritor Miro Villar. E unha finalista, Concha Blanco. Ambos de Cee, coa obra Os poderes máxicos de Aitema.
Villar, profesor de lingua e literatura galega, poeta, narrador, tradutor e crítico literario, alzouse co galardón literario polo seu orixinal O nariz de Fiz. Segundo a valoración do xurado, o orixinal do escritor que formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte, «recolle a historia dun particular Pulgarcito galego, trátase dunha historia doutro tempo escrita cun rico léxico e no que se fomentan amplos valores positivos como o de amizade, familia…» […]” (La Voz de Galicia)