Hoxe mércores ás 19.15 horas terá lugar o acto de presentación da antoloxía poética De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, editada por Sotelo Blanco en colaboración coa Asociación Neria.
A actividade terá lugar na Fundación Fernando Blanco de Cee (no paseo da Alameda), dentro da programación da Feira do Libro 2009.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Carnota: presentación do libro Escapado de Luís Lamela
O próximo día 7 de agosto, ás 21 horas, no salón de actos do colexio do Pindo-Carnota, e dentro das actividades culturais das festas de San Clemente 2009, se presentará o libro titulado Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, a primeira novela de Luis Lamela, editada por Edicións Xerais de Galicia. O acto está organizado pola Asociación Cultural PEDRAMAR do Pindo.
Feira do Libro da Coruña: Yolanda Castaño presenta “Erofanía” (vídeo)
A escritora galega Yolanda Castaño presenta na XXXVIII Feira do Libro da Coruña Erofanía, volume que recolle os seus tres primeiros poemarios publicados. Vídeo gravado o sábado 1 de agosto de 2009, na carpa da Feira nos Xardíns de Méndez Núñez.
Santiago: presentación do libro Máquina de Guerra
Mañá día 23 de Xullo de 2009 ás 20:00 presentarase no Centro Social A Gentalha do Pichel (R. Santa Clara 21, Santiago de Compostela) o poemario de Raida Rodríguez Máquina de Guerra que saiu á luz baixo o carimbo de Estaleiro Editora.
Xa presentado anteriormente en Barcelona, cidade en que Raida Rodríguez traballa e estuda, Máquina de Guerra vén traer agora á Galiza un diálogo iniciado na Universidade Autónoma de Barcelona, que continuou no Centre Social Magdalenes da mesma cidade e que tivo un punto e seguido no seu camiñar no Centro Galego de Barcelona.
Como todos os materiais de Estaleiro Editora, este poemario pode descargarse libremente na web e véndese ao económico prezo de seis euros, que se reinvestirán, como é habitual, na edición de outros materiais.
Santiago: presentación de Once máis 15
Edicións do Cumio e a asociación MusicARTE presentarán ao público o Libro-CD Once máis 15 durante a celebración do Festigal, cun concerto que terá lugar o venres día 24 de xullo a partir das 19 horas no espazo do Café Concerto. Intervirán o cantautor Miguel Alonso e os grupos Nao e Ataque Escampe, formacións que participan nesta edición de textos da nosa lírica musicados por conxuntos galegos a cal vén de publicar a editora de Pontevedra.
A Coruña: presentación dun libro de Luís G. Soto

A Coruña: Pilar García Negro presenta novo libro
Hoxe xoves 9 no paraninfo da Universidade (Maestranza, s/n) presentarase o libro Sobre o racismo lingüístico, de María Pilar García Negro. Ademais da autora participarán no acto Carme Fernández Pérez-San Julián, Celia María Armas, Manuel Ferreiro, Xosé Ramón Freixeiro, Xosé Manuel Sánchez Rei, Goretti Sanmartín, Francisco Rodríguez, Luis Villares e Francisco Pillado. O acto comeza ás 20 horas e a entrada é libre até completar capacidade.
David Otero presenta libro na Solaina de Piloño
O sábado 11 de xullo ás seis da tarde na Solaina de Piloño (Piloño, Vila de Cruces) presentarase o libro Alexandre Bóveda, na demanda de restauración de David Otero (ed. Laiovento). Interveñen no acto Xosé Vázquez Pintor, Avelino Pousa Antelo, Xoán X. Abella e Mini e Mero.
Mos: presentación do libro de Calros Solla
O vindeiro venres, día 10 de xullo, ás 20’00 h, no salón de actos do pazo dos marqueses de Mos (Mos-Pontevedra) terá lugar a presentación do libro Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas de Calros Solla.
Vigo: presentación de Pirata de María Reimóndez
Mañá martes 30 de xuño ás 20:30 horas preséntase a novela Pirata da escritora María Reimóndez. Será no Salón Social do Real Club Náutico de Vigo (As Avenidas, s/n, Vigo). O acto contará coa participación de María Reimóndez, Manuel Bragado e do músico Xabier Díaz.