O
venres 13 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, nº 30-32) de Ferrol, preséntase o libro Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, de Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez, Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica 2011. No acto participan Cesáreo Fraga García, Xesús Mosquera Sueiro e os autores.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Moaña: presentación de Sangue no ollo, de Juan Parcero
O
venres 13 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Café Teatro Gabana (Rúa Méndez Núñez, 24, O Real) de Moaña, preséntase o libro Sangue no ollo, de Juan Parcero, primeira publicación deste autor e do selo editorial Papilosante. No acto, acompañando ao autor, participa Xosé Daniel Costas.
A Coruña: presentación dos novos números de Clássicos da Galiza e o Arquivo Digital da AGLP
O
venres 13 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Centro Social Gomes Gaioso (Rúa Marconi, 9) da Coruña, preséntanse os novos números da colección Clássicos da Galiza, editados por Edições da Galiza xunto á Academia Galega da Língua Portuguesa. No acto, presentado por António Gil Hernández e Celso Älvarez Cáccamo, presentarase tamén o recentemente creado Arquivo Digital da AGLP.
Lugo: presentación de Muller pra lonxe, de Uxío Novoneyra
O
martes 10 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Salón da Deputación de Lugo, preséntase Muller pra lonxe, de Uxío Novoneyra, unha reedición do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. No acto participan Luís Cochón, Claudio Rodríguez Fer e Isidro Novo.
Crónica posterior en El Progreso.
Santiago: presentación de O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido, de Elías Portela
O
mércores 11 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación de O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido, de Elías Knörr, publicado en Barbantesa. No acto terá lugar un recital do propio autor.
A Coruña: presentación de Cartografías do derrubo, de Carme Adán
O
mércores 4 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa-Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12) da Coruña, preséntase Cartografías do derrubo, de Carme Adán, publicado por Difusora. No acto, acompañando á autora, participan Lucía L. Bayo, Xabier P. Docampo, Pilar García Negro e Xavier Paz.
A Coruña: presentación de A praza é nosa
O
mércores 4 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) da Coruña, preséntase o libro A praza é nosa, publicado por 2.0 editora. O acto consistirá nunha mesa redonda aberta na que participarán varios dos autores do libro e na que poderán intervir libremente todas e todos os asistentes.
A Estrada: presentación de Tatuaxes, de Manuel Pereira Valcárcel
O
mércores 4 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Museo do Moble e da Madeira (Avenida Benito Vigo, 92, baixo) da Estrada, preséntase o poemario Tatuaxes, de Manuel Pereira Valcárcel, publicado en Follas Novas. No acto intervirán, xunto ao autor, Luís Alonso Girgado, Asunción Canal Covelo e Xosé Luna.
Barcelona: presentación de Dramatículas, de Afonso Becerra
O
mércores 4 de xaneiro, na Galería Sargadelos de Barcelona (Carrer Provença, 272), preséntase o libro Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. No acto, xunto ao autor, participan Joan Casas, dramaturgo e profesor do Institut del Teatre e actriz Laura Cuervo, que realizará unha acción teatral cun dos textos do libro.
Lugo: presentación do libro O Xograr da Gravedade. A escrita lírica de Isidro Novo, de José Luis Calvo
O
martes 3 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, terá lugar a presentación do libro O Xograr da Gravedade. A escrita lírica de Isidro Novo, de José Luis Calvo, publicado pola editorial Nabetes, de Pontevedra, con ilustracións de Elerre. No acto participan, xunto ao autor do libro, intervirán Carlos Gegúndez e o poeta levado a estudo.