Presentación n’ A Coruña d’ A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros, de Xosé Manuel Sánchez Rei

O xoves 13 de decembro terá lugar a presentación do libro A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros, a cargo do autor Xosé Manuel Sánchez Rei, Francisco Pillado Maior (director de Laiovento) e Xosé Ramón Freixeiro Mato (profesor titular da Área de Filoloxía Galego-Portuguesa da Universidade da Coruña). Será ás 20:30 horas no salón de actos da Asociación. (Asociación Cultural Alexandre Bóveda)

Presentación en Vigo de Profundidade de campo, de Yolanda Castaño

A presentación de Profundidade de campo (XV Premio de poesía Espiral Maior) , de Yolanda Castaño Xoves, terá lugar o día 13 de decembro ás 20:00 horas en El Corte Inglés de Vigo – Sala “Ámbito Cultural” (Gran Vía, 25, 7º andar).
Contará coa presenza do escritor e membro do xurado Xosé Mª Álvarez Cáccamo, o
director de Edicións Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello e a propia autora, que asinará exemplares da súa obra desde as 19:00 horas na sección de libraría.

Unha falsa luz, de Xavier Alcalá, preséntase n’ A Coruña

Xavier Alcalá presentará na Fnac d’ A Coruña a súa nova novela Unha falsa luz, coa que completa a triloxía “Evanxélica memoria”. Será ás 19:30 horas e o acto contará, ademais de coa presenza do autor, coa do Pastor evanxélico Timoteo Figueirido, do editor Víctor Freixanes e do escritor Xulio López Valcárcel. (Cultura Fnac)

Preséntase en Compostela O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos, de Miguel Vázquez Freire e Xosé Tomás

<em>O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos</em> é un dobre conto que o martes día 4 de decembro presentan na Biblioteca da Fundación Galicia (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, Santiago) os seus autores: o escritor Miguel Vázquez Freire e o ilustrador Xosé Tomás. No acto de presentación un grupo de compoñentes do grupo de teatro do IES Eduardo Pondal, onde imparte clases Miguel Vázquez Freire, fará unha lectura dramatizada do conto acompañada dunha banda sonora seleccionada para a ocasión e a proxección das imaxes de Xosé Tomás.

Presentación en Fisterra da nova colección de poesía “Edoy Leliadoura”

A Taberna Ultreia e Sotelo Blanco Edicións presentarán os libros da nova colección de poesía Edoy Leliadoura:

  • Derrotas con raíces, de Modesto Fraga;
  • Memoria de Ahab, de Rafa Villar;
  • Os poemas de como se rompe todo, de Daniel Salgado.

Será o 30 de novembro ás 20:00 horas na Taberna Ultreia (Rúa Santa Catalina, 28) de Fisterra. Intervirán Modesto Fraga, Rafa Villar e Daniel Salgado.

Presentación n’ A Coruña de O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz

O mércores 28 de novembro será presentada ás 20:30 horas na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés (R/ González Garcés, s / nº) a obra O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz. O acto contará coa participación de Óscar Sánchez, que manterá unha conversa co autor, e Manuel Bragado, director de Edicións Xerais.

Presentación en Santiago de Caeira dos días, de Arcadio López Casanova

O martes 27 de novembro, ás 20:00 horas, presentarase no Centro Comercial Compostela (Hipercor-Tiendas El Corte Inglés) o poemario de Arcadio López Casanova Caeira dos días (Biblos Clube de Lectores). O autor estará acompañado de Luís Alonso Girgado, catedrático de Lingua e Literatura galega, coordinador científico da área de Literatura do Centro Ramón Piñeiro e investigador literario, e Tucho Calvo, director literario de Biblos.