Ferrol: preséntase Vestíbulo da devastación, de Rosa Enríquez

Rosa Enr�quezO venres 26, ás 20:00 na Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María), Rosa Enríquez presentará o seu libro Vestíbulo da devastación (Espiral Maior). O acto contará, ademais de coa autora, con Miguel Anxo Fernán Vello e Pepe Leira.

A Coruña: presentación da Obra dramática de Francisco Taxes

O martes 16 de setembro, ás 20,00 horas na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés (González Garcés, s/n), terá lugar a presentación do libro Obra dramática de Francisco Taxes (Edicións Xerais de Galicia), con responsabilidade pola edición de Xurxo Taxes Díaz. O acto contará coa participación de Manuel Bragado (director de Xerais), Ramón Nicolás (director da Colección), Xurxo Taxes (editor da obra), Manuel Rivas (escritor) e Ánxela Bugallo (Conselleira de Cultura).

Compostela: presentación de Estúrdiga materia

Lu�s González TosarNo salón de actos do Consello da Cultura Galega, ´as 19:00 do 11 de setembro, terá lugar a presentación do poemario de Luís González Tosar Estúrdiga materia (Galaxia). Miguel Anxo Fernán-Vello, Helena Villar Janeiro, Román Raña, Victor Campio, Gonzalo Navaza e Miro Villar lerán os versos do poemario. Presentará o acto Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia.

Xosé Carlos Caneiro e Manuel Rivas na Feira do libro da Coruña

O día 8 de agosto ás 20 horas o escritor Xosé Carlos Caneiro ofrecerá un recital literario-musical sobre o seu libro A vida nova de madame Bovary (Edicións Xerais), acompañado á guitarra por Xosé Manuel Salgado.
Ás 21 horas terá lugar a conferencia de Manuel Rivas “A odisea coruñesa”, con motivo do ciclo “Marinedas, cidades e literatura”.

Marcos Calveiro, Agustín Fernández Paz e Luís González Tosar na Feira do libro da Coruña

Na Feira do Libro da Coruña (xardíns de Méndez Núñez), ás 20 horas Edicións Xerais de Galicia presenta Festina Lente, de Marcos Calveiro. No acto intervirán Óscar Sánchez, Manuel Bragado e o autor.
Ás 20:30 horas o escritor Agustín Fernández Paz asina na Coruña exemplares do seu último libro, O único que queda é o amor (Edicións Xerais de Galicia).
Ás 21 horas Luís González Tosar presenta o seu poemario Estúrdiga materia (Editorial Galaxia) acompañado por Miguel Anxo Fernán-Vello, Luciano Rodríguez e Víctor Freixanes.