Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Marín: presentación de As horas roubadas, de María Solar
Noia: presentación de Transición, de Pablo Fernández Barba
Pontevedra: presentación de A dúbida, de María Reimóndez
A quinta feira 10 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Paz (Rúa da Peregrina, 29), en Pontevedra, preséntase A dúbida, de María Reimóndez, publicado en Xerais. A autora estará acompañado no acto por Leticia Gómez e Isabel Pece (psiquiatra e psicóloga colaboradoras de AMINO.gal) e por Manuel Bragado.
Ourense: presentación de Curso de Linguística Geral, de Ígor Lugris
Pontevedra: presentación de Contos pequenos, de Victoriano Taibo
O xoves 10 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa das Campás de Pontevedra (Rúa Don Filiberto, 9), preséntase o volume Contos pequenos, manuscrito inédito de Victoriano Taibo, consistente en oito contos, que o Instituto de Estudos Miñoráns acaba de sacar do prelo. No acto, presentado por Miguel Anxo Mouriño, participan Xesús Alonso Montero, Camiño Noia Campos e Gonzalo Navaza Blanco, autores de varios artigos que tratan diversos aspectos do texto.
A Coruña: presentación de A poesía de Manuel María, de Camilo Gómez Torres
O xoves 10 de novembro, ás 20:00 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o libro A poesía de Manuel María, escrito polo profesor Camilo Gómez Torres. Ademais do autor do libro, no acto de presentación participa Pilar García Negro.
Betanzos: presentación de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas
Teresa Moure: “Procuramos facer visible a nosa invisibilidade”
Desde Sermos Galiza (foto de Natalia Porca):
“Na quinta feira foi presentado o manifesto O Fim do Apartheid na libraría Pedreira, en Compostela. No acto interviron Teresa Moure, Suso de Toro e Verónica Martínez Delgado. Comeza Moure presentando o proxecto nun espazo acolledor en fronte dunha multitude de olladas. O manifesto nace por mor da iniciativa de Mário Herrero, quen sentiu a desigualdade que sofre a corrente reintegracionista. De aí que se plantexasen escreber unha serie de artigos e pedir sinaturas para o manifesto. “Hoxe a cifra é inmensa”, comenta Moure.
O segundo ponto do manifesto é a conciliación. Afástase do núcleo clásico do reintregracionismo para centrar o interese no día de hoxe. Na modernidade. Mais tamén é humilde. En canto a esta cuestión, afirma Moure que moitas persoas acusáronos de vitimistas. Ao que ela respondeu: “denunciamos por iso, porque somos vítimas”. Por outra banda, non é proselitista, senón que procura crear unha cultura cooperativa.
O cuarto ponto pretende apelar contra a discriminación que padecen as escritoras e escritores que escreben na forma internacional do galego. O obxectivo é rematar co Apartheid. As editoras e concursos rexeitan as obras escritas nesta forma. Iso implica que non se difunden, e sen coñecemento non hai recoñecemento.
Durante a apresentación do manifesto, interveu Suso de Toro, quen aclarou que estamos ante un asunto de xustiza. “Néganselles dereitos como cidadáns”. Verónica Martínez Delgado fala desde a experiencia. Explicou sucesos persoais nos que sente a marxinación. Neste sentido, tamén Teresa Moure engade que desde que comezou a escreber de xeito “non normativo” pecháronlle as portas moitas editoras. (…)”
Perillo (Oleiros): presentación de A violencia dun sorriso, de Thamizhachi Tangapandian
O mércores 9 de novembro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Central Rialeda (Avenida Rosalía de Castro, 227 A), en Perillo (Oleiros), Implicadas no Desenvolvemento presentará a obra A violencia dun sorriso, unha antoloxía de poemas da autora támil Thamizhachi Tangapandian, publicada nunha edición bilingüe támil-galego, na que tamén figuran poesías de autoras galegas. O grupo teatral A Panadaría presentará un recital inspirado nos poemas presentes neste libro.