Arquivos da etiqueta: Iria-Friné Rivera Vázquez
A Deputación da Coruña publica “Quen conduce o Estado”, de Iria-Friné Rivera Vázquez, un ensaio sobre a vangarda gráfica e a transcendencia política do Estatuto de Galicia de 1936

Desde a Deputación da Coruña:
“A área de Cultura da Deputación da Coruña deu a coñecer esta mañá unha das súas últimas publicacións, Quen conduce o Estado: Arte, ideas, artistas e movementos que deron forma á vitoria do Estatuto de Galicia de 1936, da historiadora da arte, investigadora e escritora Iria-Friné Rivera Vázquez. Trátase dun ensaio sobre a arquitectura da campaña do plebiscito do Estatuto, os precedentes históricos, estéticas contemporáneas e a as figuras que transmitiron a súa relevancia a tempos recentes. Presentou a obra a titular de Cultura, Natividade González, a quen acompañou a autora.
O primeiro Estatuto galego é, para a deputada, “un dos grandes fitos políticos da historia contemporánea de Galiza”. “Falamos”, destacou, “dun pobo que expresou democraticamente a súa vontade de avanzar no autogoberno e de decidir sobre o seu propio futuro”. (…)
O obxectivo de Quen conduce o Estado é, segundo a autora, “servir a Galicia e a sua sociedade”. “Contribuír”, engadiu, “á relevancia de aquilo que a constitúe: a cultura, arte, economía, historia, tradición política e de xestión, industria, agro e imaxe pública”.
“No libro expoñemos a enorme transcendencia de todo o proceso do Estatuto de 1936: dende os seus antecedentes históricos ata o plebiscito, conectándoo coas grandes cadeas de pensamento europeo e americano, o sufraxio feminino, a comunicación de masas, a educación e o contexto social e económico dos anos 30”, explicou Rivera Vázquez.
A autora salientou tamén “a análise da campaña e a potente creatividade visual deseñada para os espazos públicos, que contou coa tecnoloxía máis avanzada da época e co talento de creadores da talla de Camilo Díaz Baliño, Isaac Díaz Pardo, Castelao, Carlos Maside, Luís Seoane, Bernardino Vidarte ou López Bouza”.
“A aprobación do Estatuto foi froito do traballo colectivo e transversal de todas as clases sociais”, afirmou a investigadora. “Agradecemos á área de Cultura da Deputación da Coruña a súa visión e criterio ao apoiar este libro sobre un feito histórico crucial para a nosa democracia”. (…)”
Sargadelos (Cervo): ‘Reconectando herdanza e coñecemento: a relevancia sistemática do traballo das mulleres dende Weimar a Sargadelos’, con Iria-Friné Rivera Vázquez, o 1 de agosto ás 17:30 h.
‘Reconectando herdanza e coñecemento: a relevancia sistemática do traballo das mulleres dende Weimar a Sargadelos’, con Iria-Friné Rivera Vázquez, en Sargadelos (Cervo)
Boiro: conferencia “Facer valer o país: a estética da campaña do Estatuto de Galicia (1936)”, por Iria-Friné Rivera Vázquez

O acto terá lugar na antiga Escola Infantil Unitaria do Saltiño, en Boiro.
Conferencia “Facer valer o país: a estética da campaña do Estatuto de Galicia (1936)”, por Iria-Friné Rivera Vázquez, en Boiro
A Coruña: conferencia A Druidesa (1926-2026). Poderosa. Forte. Desafiante, por Iria-Friné Rivera Vázquez
Conferencia A Druidesa (1926-2026). Poderosa. Forte. Desafiante, por Iria-Friné Rivera Vázquez, na Coruña
“O Museo Carlos Maside: Galicia, goberna a túa cultura”, por Iria-Friné Rivera Vázquez
Artigo de Iria-Friné Rivera Vázquez en Historia de Galicia:
“(…) A fundación do Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside tivo lugar en 1970, sendo a sua dirección exercida polo Laboratorio de Formas. Os Fundadores, Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, tomaron para a sua concepción e actividade fitos artísticos xurdidos en circunstancias nas que a sociedade fora brutalmente sometida a situacións extremas de guerra, fame, analfabetismo e agresividade social, política e intelectual. Entre os fitos que colleron como modelo foron as liñas de pensamento de John Ruskin e a produción de William Morris, quenes comezaron toda unha actividade artística e de iniciativas culturais para un movemento reformista como o Movemento de Artes e Oficios. Movemento pacífico e consciente para contrarrestar os danos producidos pola explotación descontrolada dunha industrialización sen mais leis que a da explotación e a acumulación sen normas e sen dereitos nun marco social, económico, natural e político misóxino e paternalista.
Igualmente recolléronse os fitos que foron o Racionalismo, o Construtivismo, a arte rusa e as tres grandes escolas de deseño europeo: a Bauhaus, os Vkhutemas (que naceron a calor da Bauhaus) e Ulm. É dicir, escolas de arte que a vez funcionaban como arquivos, bibliotecas, fogares, lugares de encontro e espazos de divulgacións. O Museo Carlos Maside fundamentou a sua actividade precisamente nesta liña de acción: proxeccións fílmicas, exposicións, presentacións de libros, obras de teatro, visitas abertas a tódolos públicos e lugar de arquivística para investigación. Pero xunto con isto tamén estaba a connotación que tiñan as escolmas.
O Museo Carlos Maside non so era un epicentro de cultura, senón que esa cultura tiña un propósito. Por circunstancias vitais tanto Seoane (que naceu en 1910) como Díaz Pardo (que naceu en 1920), foron testemuños excepcionais de feitos decisivos. Eles coñeceron os membros da Cova Céltica, das Irmandades da Fala, da Xeración Nós, da Irmandade Nacionalista Galega, do Seminario de Estudos Galegos, do Partido Galeguista, os Renovadores e foron testemuños e participantes da campaña do Plebiscito do Estatuto de Galicia en 1936. Pero tamén viron as implicacións no auxe do nazismo e do fascismo, vivindo os horrores da Guerra Civil en España. Con iso viron o exilio de figuras como Castelao e a morte dun pai, mentor, referente e amigo como Camilo Díaz Baliño, mutilado en vida e disparado ata o punto de quedar o seu cadáver desfigurado, enterrado nunha tumba sen nome e sen identificación.
A perda de todos eles non se viviu con vergonza ou sumisión. Fixeron valer as mellores virtudes herdadas de xeración en xeración e recolleron o mais construtivo e de valor para, con paciencia, tenacidade e presenza, continuar os principios e valores que eles defenderan facendo da cultura unha segunda pel coa que poder vivir con dignidade. Porque a Cultura dende a xeración da Cova Céltica ata eles, non se comprendía so como unha pasiva adquisición de coñecementos, cousa de uns poucos ou puro espectáculo. A Cultura para todos eles, e aquí radica a relevancia do Museo Carlos Maside con todo o que implicaba e levaba a cabo, estaba en que non se subestimaba as persoas: pola súa porta podían entrar dende obreiros ata mestres, estudantes e científicos, mulleres e homes, nenos e persoas de idade. Non se ignoraban os temas por complexos que foran, porque non é cuestión de evitar a complexidade. A cuestión é saber traballala como é debido. Non vale de nada facer actividade cultural se esta resulta baleira, implicando que as persoas son incapaces de regularse e funcionar como audiencias pensantes. Ao facer o Museo Carlos Maside e o amplo rango de actividade cultural, enxergaban en algo real e historicamente resoante. (…)”





