Monforte: actos destacados da Feira do Libro no mércores 23

O mércores 23 de agosto comeza a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. (neste primeiro día só abrirá pola tarde), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

– 19:00 h. Inauguración da Feira. Pregón inaugural a cargo de Yolanda Castaño, tras actuar a Banda de Gaitas de Monforte.
– 21:00 h. Presentación de A invención dun deus. Xesús de Nazaret I. De predicador a Mesías, de Xulio López Valcárcel, publicado por Laiovento. Participan no acto, xunto ao autor, Manuel Rajo e Pedro Corsino Fernández Vila.

Foz: actos destacados da Feira do Libro do sábado 19 e domingo 20

O domingo 20 de agosto finaliza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

Sábado 19
– 19:00 h. Concerto-espectáculo de Volta, revolta e reviravolta, das Maimiñas, publicado por Galaxia.
– 21:00 h. Presentación de Soños como xógaras, de Xaime Oroza e Otero Regal, publicado por Círculo Rojo.

Domingo 20
– 18:00 h. O mundo de Carliños, espectáculo musical de Luís Vallecillo baseado en Carlos Casares.

Foz: actos destacados da Feira do Libro do venres 18

O venres 18 de agosto continúa a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

– 19:00 h. Presentación de Celebración de Mondoñedo, de Antonio Reigosa, publicado por Embora. No acto participan, xunto ao autor, Paco Piñeiro, Martín Fernández Vizoso e Miguel Toval.
– 20:00 h. Presentación de Badaladas de Anllóns, de Farruco Graña, editado por Embora.
– 21:00 h. Presentación do libro Os nomes do terror, publicado por Sermos Galiza, coordinado por Xosé Ramón Ermida Meilán. Participa Carlos Nuevo.

Viveiro: actividades destacadas do martes 15 e mércores 16 na Feira do Libro

O mércores 16 finaliza a Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para eses días:

Martes 15
– 19:00 h. Recital de 13. Antoloxía da poesía galega próxima, publicada por Chan da Pólvora.
– 21:00 h. Presentación de Os nomes do terror, publicado por Sermos Galiza. No acto participan Xoán Ramón Ermida e Carlos Nuevo.