Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Ourense: actividades destacadas do venres 6 na Feira do Libro
O venres 6 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Alameda), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
– 19:00 h. Charla coloquio de Xoán Doldán e Afonso Fernández sobre o libro Guía para o descenso enerxético, publicada pola Asociación Véspera de Nada, por unha Galiza sen Petróleo.
– 20:00 h. Presentación do libro Um pouco acima da miséria, de Amadeu Baptista, gañador do XXIX Premio de Poesía Cidade de Ourense.
– 20:00 h. O escritor e xornalista Pemón Bouzas asinará exemplares da súa novela A voz do vento, publicada en Xerais, e do resto da súa obra, na caseta da Libraría Pedreira.
– 21:00 h. Presentación do libro O sol do pasado, de Jorge Emilio Bóveda, publicado por Urco Editora.
Camariñas: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O venres 6 de xuño, ás 19:30 horas, no Auditorio do Faro do Cabo Vilán (Camariñas), preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, participa, xunto ao autor, Carmen Pérez.
Compostela: presentación de Días de Cuba, de Xosé Neira Vilas
O venres 6 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo) de Santiago de Compostela, preséntase Días de Cuba, de Xosé Neira Vilas, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Valentín García Gómez, José Antonio Solana (Cónsul Xeral de Cuba en Galicia) e Víctor F. Freixanes.
Bueu: charla-debate con Teresa Moure arredor de Politicamente incorreta
Ourense: actividades destacadas do mércores 4 na Feira do Libro
O mércores 4 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Alameda), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
– 19:30 h. Presentación do libro O espido de Gina, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia. Xunto co autor, participan no acto José Manuel Rubín e Víctor Freixanes.
– 20:30 h. Presentación do libro Peinador, do escritor Rubén Martínez Alonso gañador do XIV Premio Risco de Creación Literaria, publicado pola Editorial Sotelo Branco.
Tui: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
O luns 2 de xuño, ás 20:00 horas, na sala Félix Rodríguez da Biblioteca Municipal de Tui, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Helena Pousa.
Pontevedra: relatorio arredor de A voz quebrada. Da memoria histórica e do terror fascista, de Xosé María Álvarez Cáccamo
O martes 3 de xuño, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa Oliva, 24), terá lugar un relatorio, organizado polo Ateneo de Pontevedra, arredor do libro A voz quebrada. Da memoria histórica e do terror fascista, de Xosé María Álvarez Cáccamo, publicado polo Instituto de Estudos Miñoranos. No acto intervirá, xunto ao autor, Xosé Álvarez Castro.