
Arquivo da categoría: Radio
Entrevista a Ramón Nicolás sobre A nena que perdeu un zapato na lama
Desde a Radio Galega:
“Entrevista de Kiko Novoa a Ramón Nicolás arredor do seu libro sobre Begoña Caamaño A nena que perdeu un zapato na lama. Pode escoitarse aquí.”
Entrevista a Abraham Pérez sobre A vida a arder en Ames Radio
Desde Ames Radio:
Entrevista a Abraham Pérez arredor do libro A vida a arder, publicado por Galaxia. Pode escoitarse aquí.
O agasallo da Madriña
Desde Radiofusión:
“Emprazada no medio dos furacáns da vida, a nosa conciencia é como unha chama que en calquera momento pode apagarse. Máis, con todo, é fundamental coidar desa chama, xa que incluso a penumbra vólvese visible grazas a ela. Deste vulnerable punto de luz empapado dunha escuridade matricial, desa fráxil e marabillosa condición humana, a do autor e a de todos, fálanos esta serie de obras.
Conversa con Eugenia Sanmartín e Antonio Tizón sobre Madriña.
O profesor Benito Arbaizar conclúe así unha documentada analise da novela de Antonio Tizón Madriña publicada pola Editorial Elvira. Este libro pecha a pentaloxía do inspector Sánchez Pereiro, obras do xénero negro co pano de fondo da enfermedade mental. Pechou a serie ainda que nos seus próximos traballos tamén se abordarán os transtornos mentais. Tizón escoita moitas barbaridades sobre este tipo de enfermedades.”!”
Abril Camino: “Necesitaba volver sentirme escritora”
Entrevista a Abril Camino na Radio Galega:
“Abril Camino acada o éxito coa súa primeira obra en galego, Mulleres que viven xuntas, premio Xerais de Novela, unha historia conmovedora sobre relacións e sexualidade. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Berres (A Estrada): coloquio arredor de Avelina Valladares
Coplas do corazón de Antonio Tizón
Entrevista a Antonio Tizón en Radio Fene/Radiofusión:
“A editorial Elvira deu forma ao proxecto de Antonio Tizón e de todo o equipo artístico, coordinado por Eugenia Sanmartín, que o fixo posible. Está inspirado na figura de María Dominga Cordeiro García, unha muller analfabeta que gardaba centos de coplas na súa cabeza, unhas copras que lle cantaba ao seu neto preferido cando se sentaba con ela á beira da súa cama. Foi unha mera casualidade que o libro saía cando a Real Academia Galega lle adicou o Dia das Letras Galegas ás cantareiras. A entrevista pode escoitarse aquí.”
O escritor Amador Castro leva o galego a Islandia
Desde a Radio Galega:
“Amador Castro Moure asiste nunha vila nórdica, de apenas 200 habitantes, a unha residencia literaria impulsada pola Deputación de Lugo. O obxectivo da iniciativa é apoiar a creación en galego e enriquecer o perfil internacional dos escritores e das escritoras da provincia. O autor, nacido na Ribeira Sacra, pero emigrado de moi novo a Barcelona, aproveita para traballar no seu próximo libro, unha reflexión sobre o valor e as funcións da arte. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Entrevista a Antonio Tizón sobre Coplas analfabetas
Desde SER Coruña:
“Entrevista a Antonio Tizón sobre Coplas analfabetas, por Leila Fernández. Pode escoitarse aquí.”
Hora da Poesia – Programa dedicado a Alberto González-Garcés
Desde Rádio Vizela:
Entrevista-conversa arredor do libro Alta mar, mar aberta, en Rádio Vizela, Guimarães, Portugal. Pode escoitarse aquí.
