Entrevista de Susana Pedreira a Fina Casalderrey en Onda Cero Galicia:
“Presentan en Culturgal a edición renovada de Filla das ondas, estreando unha nova proposta gráfica 25 anos despois da publicación desta obra no catálogo de Kalandraka. Trátase dun relato fantástico e onírico que recrea a historia de Pontevedra dende o medievo, e no que afloran aspectos da actualidade como a admirable recuperación do casco histórico e o seu revolucionario modelo urbán. Neste enlace directo á nosa web podes volver tomar a última no programa “Máis de Un Pontevedra”. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Arquivo da categoría: Radio
Entrevista a Lara Dopazo Ruibal sobre Contos Gringos
Entrevista de Belén Regueira a Lara Dopazo Ruibal na Radio Galega:
“Estes Contos Gringos naceron en Iowa, onde Lara Dopazo Ruibal realizou un máster en escrita creativa entre 2021 e 2023. A escritora marinense segue explorando os territorios do desacougo, o desconcerto e o sobrenatural, agora desde a condición de estranxeira. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Manuel Rivas: “Non podes traballar coas palabras e ser insensible ao que pasa”
Entrevista a Manuel Rivas no Diario Cultural da Radio Galega:
“Conversamos co escritor Manuel Rivas, galardoado co Premio Nacional das Letras 2024 que concede o Ministerio de Cultura. A profesora Dolores Vilavedra e Manuel Bragado achegan a súa valoración sobre a traxectoria literaria de Rivas. A entrevista pode escoitarse aquí.”
“Os paseos por cemiterios de Emma Pedreira”
Entrevista a Emma Pedreira na Radio Galega:
“Conversamos con Emma Pedreira sobre o seu último libro, As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos. O volume reúne paseos por uns 200 camposantos do país en compañía de escritoras, enterradores, historiadoras ou arquiveiros para recoller a memoria social, artística, histórica ou antropolóxica ligada aos camposantos. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Crónica videográfica da Letra das Festas. Revista oral do San Froilán 2024. Historias da radio

A Letra das Festas. Revista oral do San Froilán 2024. Historias da radio, unha actividade da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, tivo lugar o mércores, cuarta feira, 9 de outubro, ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n). Participaron: Félix Jorquera (Radio Voz), Lourdes Abuide (ex-locutora Onda Cero), Paco Nieto (locutor xubilado) e Tonina Gai (locutora xubilada), coa coordinación e presentación de Lois Pérez.
Aquí pode verse a crónica videográfica:
Entrevista a Eva Moreda sobre O raposo na fronde e Pagáns e pragmáticos. A vida no Reino Unido

Entrevista a Eva Moreda no Diario Cultural da Radio Galega:
“Conversamos coa escritora Eva Moreda das súas dúas últimas obras: os relatos de O raposo na fronde e a súa mirada sobre a vida británica en Pagáns e pragmáticos. A vida no Reino Unido, as dúas publicadas pola editorial Morgante. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Conversa con Lois Ladra, novo director do Museo do Pobo Galego
Desde a Radio Galega:
“Conversamos co novo director do Museo do Pobo Galego, o antropólogo e arqueólogo Lois Ladra. Este coruñés nado en 1972 foi escollido tras un concurso de méritos con máis de vinte candidaturas.
O seu propósito é conseguir aumentar os recursos económicos e humanos do Museo, recuperar todo o conxunto monumental de San Domingos de Bonaval e concluír a montaxe das novas salas de Historia, coa vista posta no 50 aniversario da institución, en 2027. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Economía e poesía, entrevista a Yolanda Castaño
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“É posible vivir da escrita en Galicia? A esta e outras preguntas responde a poeta Yolanda Castaño en Economía e poesía. Rimas internas, o seu ensaio gañador do último premio Ramón Piñeiro. Con ela falamos. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Radio Redondela: “Outro mundo é posible: Andreia Costas”
Entrevista a Andreia Costas en Radio Redondela:
“Con motivo da celebración o 28 de xuño do Día Internacional do Orgullo LGTBI, Compostela Diversa recolle unha serie de accións e actividades para facer en Santiago de Compostela. Alí a poeta redondelá Andreia Costas Otero foi galardoada co primeiro premio do IV Certame de Poesía LGBT+ de Avante LGBT+ Compostela. Falamos con ela da peza gañadora Eurídice Dixit, da súa poderosa mensaxe sobre a bisexualidade e de como é “saír do armario literario”. Un exemplo de diversidade no mundo da arte, con moito percorrido e historias que contar.
A argumentación do xurado para concederlle o galardón foi a seguinte: “Polo diálogo entre xéneros, misturando teatro e poesía. E pola revisión dun mito clásico, dende o humor e a forma. Introduce un léxico diverso e orixinal, propoñendo novas palabras híbridas. Demostra un traballo extenso de investigación e de edición do propio documento”.
A entrevista pode escoitarse aquí.”
Xina Vega: “A Virxe María é unha construción do demo para as mulleres”
Entrevista de Susana Pedreira a Rexina Vega en Onda Cero:
“Narrativa, ensaio, poesía… todo está presente neste diario dunha nai que se atreve a pensar na vida vivida, a facerse preguntas e a buscar as respostas, a analizarse a si mesma en relación coa filla que acaba de marchar vivir fóra. Neste enlace directo á web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira desde a Librería Cronopios.”