Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A antoloxía No seu despregar reúne as autoras máis novas da poesía galega. Pode accederse á entrevista a Alba Cid, Ismael Ramos e Antía Otero aquí.”
Arquivo da categoría: Televisión
Entrevista a Fran Alonso sobre Terraza
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
““O libro explora unha realidade social moi batida pola crise e naceu da mirada perdida das persoas que camiñan pola cidade”. Fran Alonso publica o libro de poemas Terraza. Pode accederse á entrevista aquí.”
María Canosa publica Cando cae a luz
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A escritora María Canosa visita o ‘Zigzag Diario’ para falar do seu libro Cando cae a luz, que acaba de publicar coa editorial Urco. Trátase de trece relatos curtos en que a autora se introduce na temática de terror, levándoa a situacións e escenarios cotiás. María Canosa sinala a influencia de Ánxel Fole neste libro (…). Pode accederse á entrevista aquí.”
Entrevista a Miguel Sande no Zig-zag
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Miguel Sande, autor da novela A candidata. Pode accederse á entrevista aquí.”
Entrevista a Antía Otero no Zig-zag
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Antía Otero preséntanos O cuarto das abellas. Pode accederse á entrevista aquí.”
Antón Riveiro Coello réndelle homenaxe a Carlos Casares en A ferida do vento
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“O xerme desta novela nace dun compromiso adquirido con Carlos Casares hai 15 anos. Ao falecer Casares uns meses despois, Riveiro Coello abandonou o proxecto. Retomouno cando se reencontrou co seu pasado o día en que o fixeron fillo predilecto de Xinzo de Limia, unha paisaxe vital compartida por ambos os dous autores.
A ferida do vento é a reconstrución ficcionada dun verán de finais dos anos setenta. A historia parte dunha traxedia que lle afectou de mozo a Riveiro Coello. É, ao carón do protagonista, os personaxes secundarios configuran un retrato da vila cheo de persoas diferentes, memorables.
Algúns apareceron tamén nas columnas que publicou na prensa Carlos Casares, convertido aquí nun personaxe máis da novela.
O ano que vén celebrarse o 50 aniversario do libro de relatos Vento ferido, un título co que xoga dándolle a volta este A ferida do vento, unha homenaxe a mundo narrativo do autor que o ano que vén protagonizará o Día das Letras Galegas. Pode accederse á entrevista aquí.”
Marilar Aleixandre presenta o poemario Desescribindo
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Marilar Aleixandre reúne neste poemario editado por Apiario, poemas, algúns xa publicados noutros momentos, noutros lugares, pero como ela mesma aclara: “todo o que escribimos forma parte do mesmo texto”…
A autora preséntanos este libro xusto na semana en que ingresará como nova académica na Real Academia galega, onde ocupará a cadeira que deixou baleira a morte de Xosé Neira Vilas. Pode accederse á entrevista aquí.”
Entrevista a Héctor Cajaraville en Zig-zag
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Marta Gómez entrevista o escritor Héctor Cajaraville, autor de Denébola a Roxa e A caixiña dos rancores. A primeira é unha novela de aventuras que fala dunha muller brava nun mundo de homes e que gañou o Premio Meiga Mora en 2016. A segunda, tamén galardoada na última edición do Raíña Lupa, ocúpase dunha peculiar sentenza que obriga a Estevo a visitar durante todo o verán a Chiruca, a quen atropelou co seu ciclomotor. O que agardaba serían unhas xornadas soporíferas, transfórmase nunha intensa relación persoal que xurdirá a raíz dun segredo que afecta a anciá. Pode accederse á entrevista aquí.”
Paco Martín fala do seu libro De paraugas
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Paco Martín fala do seu libro De paraugas, unha serie de relatos curtos cheos de humor e fantasía arredor do familiar instrumento que nos gorece da chuvia. Pode accederse á entrevista aquí.”
Entrevista a Isaac Xubín, tradutor e escritor
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Isaac Xubín achégase ata o estudio do ZigZag Diario para falar da súa primeira novela: Non hai outro camiño. O polifacético creador aborda neste libro as vidas e pensamentos dos habitantes de Staro Selo, unha urbe ao pé do mar en que os veciños tecen as estrañas relacións que conforman o carácter dunha cidade especial e con personalidade. Pode accederse á entrevista aquí.”