Betanzos: presentación de Detective Ferruchi, de Marta Villar
Compostela: presentación de Contos Gringos, de Lara Dopazo Ruibal
Vigo: presentación de A pousa da libélula, de Esperanza Mariño Davila
Ourense: presentación de O que non ten prezo, de Xosé M. Pacho Blanco
Redondela: Roberto Samartim apresenta o livro do dragom
Lugo: recital poético-musical na inauguración da obra do artista Álvaro de la Vega en memoria das vítimas da Guerra Civil e da ditadura franquista
Compostela: presentación de Todo pasa, de Laura L. Drusetta
A Coruña: presentación de Paspartue, de Álex Pernas
Crónica fotográfica do recital poético-musical A Coruña: Luísa Villalta. A auséncia que sustenta a vida
Luísa Villalta. A auséncia que sustenta a vida. Recital poético-musical foi unha actividade da AELG, co apoio de CEDRO e o Concello da Coruña, que tivo lugar o 25 de setembro, ás 19:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, coa que celebramos a vixencia da figura de Luísa Villalta cun recital poético-musical, vinte anos despois do seu pasamento, na secuencia das homenaxes que tiveron lugar en 2004 e 2014.
O acto, conducido por Cesáreo Sánchez Iglesias e Beatriz Maceda, contou coas interpretacións musicais de Florian Vlashi e César Morán, e a intervención, lendo textos de Luísa Villalta, de Ana Romaní, Antía Otero, Daniel Asorey, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval, Henrique Rabuñal, Marga do Val, Marica Campo, Marta Dacosta, Miro Villar e Pilar García Negro.
Poden verse a continuación varias fotos do acto, podendo consultarse a crónica fotográfica completa aquí.