A Coruña: presentación de Poemas birollos para ler cos ollos e Contos nerviosos, de Fran Alonso
O
sábado 1 de outubro, ás 12:30 horas, na Libraría Moito Conto (Rúa San Andrés, 35), na Coruña, terá lugar a presentación de Poemas birollos para ler cos ollos, publicado por Xerais, e Contos nerviosos, publicado por Embora, de Fran Alonso. O espectáculo infantil estará a cargo de Xela Alonso e o propio autor.
Vigo: presentación de Esmeraldina, a pequena defunta e sinaturas de Ledicia Costas e Víctor Rivas
Vedra: Circuíto Galego de Teatro Amador
Malpica: II Rota Lugrís
O Pindo: V Simposium A memoria dos fuxidos, con Darío Xohán Cabana, Antón Dobao e Luís Lamela
Vigo: Crear+sentir+medrar: obradoiro de creatividade. Scrapbooking, dirixido por María N. Soutelo
O
sábado 1 de outubro, entre as 10:00 e as 12:00 horas, no Espazo Maxiavida (Rúa Troncoso, 26, 3º C), en Vigo, María N. Soutelo dirixe o obradoiro Crear + Sentir + Medrar, co que se anima a achegar ao público, sen medo, a través das manualidades e da escritura, á súa vibrante enerxía creativa e ao riquísimo universo das emocións. O prezo da actividade é de 15 euros, que se pagarían no propio espazo. Máis información aquí.







