O
sábado 15 de novembro, en Mondoñedo, terán lugar varios actos en relación á entrega do III Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro. Os actos serán os seguintes:
– 12:00 h. Recepción oficial na Casa do Concello de Mondoñedo.
– 12:15 h. Ofrenda floral ante a tumba de Manuel Leiras Pulpeiro.
– 12:45 h. Entrega dos premios do III Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, no Salón de Plenos do Concello.
Ourense: estrea mundial da película A esmorga
O
sábado 15 de novembro, ás 20:30 horas, no Festival Internacional de Cine de Ourense, terá lugar a estrea mundial da película A esmorga, producida por Vía Láctea Filmes e Editorial Galaxia e dirixida por Ignacio Vilar.
A Coruña: recital poético-musical do Grupo Ouriol, Elas falan
Compostela: presentación de Melíflua Moradía, de Lino García Salgado
Carballo: presentación de Contra a morte das linguas, de Miguel Moreira Barbeito
Galería de fotos do Paseo pola Coruña Literaria do 8 de novembro, con Inma López Silva
Deixamos aquí parte das fotos do Paseo pola Coruña Literaria da man de Inma López Silva, que tivo lugar o pasado 8 de novembro. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.
Lugo: presentación de Dende o conflito, de María Reimóndez
O
venres 14 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase Dende o conflito, de María Reimóndez, Premio Xerais de Novela 2014. No acto, xunto á autora, participan María Solar e Manuel Bragado.
Vigo: Papeis mollados, recital poético de Manuel M. Romón
O
venres 14 de novembro, ás 19:30 horas, no Museo do Mar de Galicia (Avenida Atlántida, 160) de Vigo, terá lugar o recital poético Papeis mollados, de Manuel M. Romón, que vai contar co colaboración do músico Suso Cortegoso, no espazo da exposición Océano, de Antón Patiño. Unha proposta que mantén a radicalidade vangardista da lendaria aportación do autor a Rompente, mais vinculada á experimentación das novas linguaxes poéticas.









