“Facer dicións diáfanas do texto; procurar unha lectura persoal; explotar as posibilidades expresivas da propia voz; dominar os recursos da entoación, do ritmo e do silencio ou coñecer as principais relacións históricas da poesía coa música son algúns dos obxectivos deste curso.” Máis información aquí. (AS-PG)
VIII Concurso de Relato Oral Tíralle da lingua
Antía Otero presenta Operatorio na Sala Nasa
Antía Otero (poeta e actriz) presenta o seu primeiro traballo de creación propia: Operatorio. A cita será na Sala Nasa de Santiago de Compostela o día 8 de novembro ás 22:00 horas. Máis información en na web da Sala Nasa e no blogue da artista.
GALEUSCA 2007: do 1 ao 4 de novembro en Lugo e Mondoñedo
O 1 de novembro comeza a edición deste ano do Galeusca, asentado nesta ocasión en Lugo e Mondoñedo. Para saber como chegar, o tema desta xuntanza, datos sobre os relatores e os seus relatorios, entre outras informacións, consúltese a web do Galeusca 2007.
XIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez
Até o 30 de novembro de 2007. Convoca: Concello de Paradela (Lugo). Información na web do Concello.
II Concurso de Narracións Eróticas
Até o 30 de novembro de 2007. Convoca: A Sociedade Galega de Sexoloxía. Información no tel. 986 852 473.
Escritores-as na Universidade: II ciclo de conferencias
O día 31 de outubro ás 12:30 falará Lois Diéguez na Facultade de Filoloxía da Coruña.
Presentación de Son para a “Unión Barcalesa de La Habana” (1907- 2007), de X. Amancio Liñares Giraut
Será o 31 de outubro ás 19:30 no Club Internacional de Prensa (Avda da Coruña, 6-Baixo. Santiago de Compostela).
Número 21 da revista Foeminas
Xa está disponíbel o número 21 da revista foeminas. Para consultala, só é preciso entrar na web da revista.
Lino Braxe e Rómulo Sanjurjo na Galería Sargadelos d’A Coruña
O martes 30 de outubro, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Lino Braxe e o acordeón de Rómulo Sanjurjo nunha nova edición do ciclo quincenal “Martes Literarios”.