O mércores 31, na Universidade de Salamanca (Aula Miguel de Unamuno – Edificio Histórico) ás 17:00 horas, terá lugar a conferencia do escritor Xavier Alcalá “Evangélica memoria. Tres novelas sobre la persecución de los evangélicos en Galicia”.
Suso Pensado participará nunha mesa redonda sobre a tradución de Rimbaud
O poeta e tradutor Suso Pensado participará o próximo mércores 31 de outubro nunha mesa redonda que terá lugar en Madrid co tema “Traducir a Rimbaud”. O acto enmárcase no ciclo “Rimbaud, el otro”, organizado por “La Casa Encendida” e inaugurado o pasado 26 de outubro coa participación estelar de Patti Smith. Na mesa redonda participarán tamén Xoán Abeleira, Julia Escobar, Mikel Lasa e Eduardo Moga, que actuará como moderador dun debate sobre a experiencia de traducir a obra de Arthur Rimbaud ás diferentes lenguas do estado.
IV Simposio “O libro e a lectura”, da AGE
A Asociación Galega de Editores comunica que o prazo de inscrición para a IV edición do Simposio O Libro e a Lectura, adicado este ano a “Libro e mercado”, xa está aberto. Para máis información remitimos á folla de inscrición e ao programa deste ano. (AGE)
Carlos G. Meixide disposto a conversar en Carballo
O actor, humorista e escritor Carlos G. Meixide, autor do libro O home inédito, ofrécese para a conversa no Café Colón de Carballo, dentro do proxecto Literactúa, de difusión do libro e da lectura en galego. Será o martes 30 de outubro ás 21:00 horas (atención: novos día e hora).
Presentación de L’Affiche rouge, de Mario Regueira
A presentación do libro L’affiche rouge, de Mario Regueira, terá lugar na Galería Sargadelos de Ferrol (Rubalcava, 30-32) o 26 de outubro ás 20:00 horas. O acto contará coa participación de Roi Vidal, Fran Alonso e Mario Regueira.
Presentación en Ferrol d’ As vellas inquedanzas do vello Colás, de Xosé Díaz Dopico
O libro de Xosé Díaz Dopico As inquedanzas do vello Colás, editado polo Grupo Gadisa, será presentado o xoves 25 de outubro ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol. No acto interveñen, ademáis do autor, Antonio Cortés (Director de Márketing e Publicidade de Gadisa) e Verónica Martínez Delgado (Xerente da Galería Sargadelos de Ferrol).
Xornada “Xustiza e lingua, reflexións para a normalización”
Será no Salón de actos do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, o xoves 8 de novembro de 2007 ás 18:30 Horas. Máis información na web do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago.
Carlos Losada gaña o II Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil
«De Game over, o xurado salientou o “bo ritmo” da obra, as súas “boas posibilidades escénicas” e a “frescura” da linguaxe. Subliñou que o texto é “doado de seguir” para a mocidade e introduce unha “mensaxe moi actual”: o illamento ao que se someten na actualidade os pequenos por mor do mundo das máquinas. En Game over cóntasenos a viaxe de Roi ao país das súas marabillas, dos seus xogos e dos seus medos.» (Vieiros)
A AS-PG convoca un curso de Podcast
A finalidade do curso é capacitar aos docentes tanto técnica como formalmente no mundo dos podcast; permitindo aplicar as novas tecnoloxías da comunicación ao seu cometido docente. (AS-PG)
Roberto Salgueiro gaña o Cunqueiro de Teatro
Salgueiro González logrou o Álvaro Cunqueiro coa obra Historia da chuvia que cae todos os días, no que, desde unha perspectiva realista, o autor bota unha mirada á sociedade galega. (Galicia-Hoxe)
