
Arquivos da etiqueta: Luís González Tosar
Ourense: acto literario arredor de Da cor da soidade, de Luís González Tosar
Acto literario arredor de Da cor da soidade, de Luís González Tosar, en Ourense
Presentación de Da cor da soidade. Poesía reunida 1986-2026, de Luís González Tosar, no Carballiño
O Carballiño: XVIII Festa da Palabra
XVIII Festa da Palabra, na Insua dos Poetas
Compostela: presentación de Do amor salgado, de Modesto Fraga
Presentación de Do amor salgado, de Modesto Fraga, en Compostela
‘As torres abolidas’, o poemario escrito por Xosé Miranda Ruíz, é a obra gañadora do XXIII Premio de Poesía Afundación
“As torres abolidas, de Xosé Miranda, gañou o XXIII Premio de Poesía Afundación. O xurado composto por Luís González Tosar, Míriam Ferradáns, Marica Campo, Manuel Filgueiras Fernández e Modesto Fraga Moure, destacou que dentro das 44 obras presentadas, “este poemario permitiulle descubrir un traballo poético cuxo tratamento da nosa mitoloxía, con lucidez e acerto, elévao ao nivel das mitoloxías clásicas”. “O xurado tamén celebra que o autor galardoado sexa un recoñecido escritor cunha traxectoria consolidada nas nosas Letras. Isto pon de manifesto a vitalidade da poesía galega de hoxe, con claro carácter interxeracional.”
O galardón está dotado cun único premio de 7 000 euros e será publicado na colección ‘Arte de Trobar’, editada polo Centro PEN de Galicia, coa colaboración de Afundación e a Xunta de Galicia, cumprindo así o principal obxectivo deste galardón: estimular a escrita e a produción literaria de calidade na nosa lingua.”
Nuno Ricardo Moreira Gonçalves gaña o X Premio Antón Risco de Novela Curta con Reflorestação
Desde OurenseXa:
“A sede da Fundación Vicente Risco en Allariz acolleu esta fin de semana o fallo do X Premio de Novela Curta Antón Risco, que este ano recoñece a obra Reflorestação, do autor Nuno Ricardo Moreira Gonçalves.
O xurado, composto por Purificación Araújo Quinteiro (por delegación), Francisco Javier Fernández Davila, Concepción Fernández Vázquez, Luís González Tosar (por delegación) e Jonathan Pérez Pérez, con Ana Gloria Rodríguez Alonso como secretaria sen voto, decidiu por maioría outorgar o galardón á novela de Gonçalves. O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra no selo editorial Doutor Alveiros, segundo recollen as bases do certame.”
Na súa valoración, o xurado destacou a calidade literaria do texto, cunha temática de corte fantástico e actual que convida á reflexión. Subliñouse tamén o bo tratamento narrativo, o enfoque da obra e o uso equilibrado do humor.”




