Exposición de Alfonso Costa sobre Níxer en Ferrol

Na Galería Sargadelos Ferrol vaise inaugurar a exposición de Alfonso Costa, con fotografías e gravados sobre Níxer. O acto terá lugar o xoves 7 de xuño, ás 20:00 horas. Presentará o acto o escritor Francisco X. Fernández Naval. Actuará o Grupo Ouriol, formado polos músicos: Fito Ares, Bernardo Martínez e a poetisa Eva Veiga. Tamén recitarán poemas sobre Níxer Alfonso Costa, Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval. A exposición permanecerá aberta ata o 29 de xuño.

Presentación en Viveiro de “Farrapos de nube”, de Xoán Neira

O mércores 6 de xuño, ás 20:30 horas, presentarase o libro Farrapos de nube, poemario infantil de Xoán Neira publicado por Baía Edicións. O acto, organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro na aula de Caixa Galicia de Viveiro, contará coa intervención, ademais do autor, de Carlos Nuevo, Emilio Xosé Insua. Tamén será ofrecido un recital poético musical a cargo de nenas e nenos do Cep. Lois Tobío.

Presentación en Ourense de “Teoría de Galicia…”, de Ramón Otero Pedrayo

Alvarellos Editora o Liceo de Ourense organizan un recital e a presentación da obra Teoría de Galicia. Artigos esquecidos en “Vida Gallega”, 1926-1963, de Ramón Otero Pedrayo. Será o martes 5 de xuño de 2007, ás 17: 30 horas no Salón Noble do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal, 5). Participarán o profesor historiador e autor do limiar Marcos Valcárcel, as recitadoras do Liceo Tereixa Devesa e Loli Conde, e o editor Henrique Alvarellos.